Skip to Content

COMUNICADO FOLGA ESTUDIANTIL 26 DE OUTUBRO

Estimadas familias,

O 26 de outubro de 2023 está convocada unha folga xeral poloSindicato de Estudiantes, que abarcará a totalidade da xornada lectiva de ese día, para amosar a súa solidariedade co pobo palestino e o rexeitamento do xenocidio en Gaza.

A folga foi convocada dacordo ao Artigo 8 párrafo 2 da Lei 8/1985 "En los términos que establezcan las Administraciones educativas, las decisiones colectivas que adopten los alumnos, a partir del tercer curso de la educación secundaria obligatoria, con respecto a la asistencia a clase no tendrán la consideración de faltas de conducta ni serán objeto de sanción, cuando éstas hayan sido resultado del ejercicio del derecho de reunión y sean comunicadas previamente a la dirección del centro."

Tendo en conta a lexislación mencionada:

- O alumnado a partir de 3º da ESO ten dereito a participar na folga e deberá comunicar ao Centro a súa intención de secundala, entregándolle ao seu titor/a o formulario correspondente (que poderá recoller na Conserxaría) debidamente asinado. O pai/nai/titor/a legal deberá xustificar a correspondente falta. Igualmente non poderá presentarse no Centro o alumno/a ao longo de toda a xornada lectiva.

- O alumnado de 1º e 2º da ESO pode non asistir a clase e xustificar a falta a posteriori, pero non ten dereito á ausencia colectiva a clase previa comunicación.

- O Centro docente garantirá o dereito a asistir a clase, e a permanecer no Centro debidamente atendido, ao alumnado que non desexe participar na folga.

 

O equipo directivo

AdxuntoTamaño
ComunicadoFamiliasFolga26O.pdf660.65 KB


page | by Dr. Radut