INFORMACIÓN INICIO DE CURSO 23-24
Indicacións a ter en conta na presentación do alumnado o día 11 de setembro:
O alumnado accederá ao centro á hora na que está citado e dirixirase ao salón de actos do instituto para a presentación diante dos seus titores/as.
Unha vez alí, a Directora dará unhas breves indicacións, e ao rematar, cada titor/a irá co seu alumnado a aula asignada para a entrega de horarios e toda a información relativa ao desenvolvemento do novo curso.
Tamén se entregarán ao alumnado os libros que lle corresponden do fondo solidario. Recomendamos que o alumnado beneficiario traia a mochila de clase.
Horarios da presentación
1.º ESO: 11:00 h. (As familias do alumnado de 1º ESO poderán acceder ao salón de actos).
2.º ESO: 11:30 h.
3.º ESO: 11:45 h.
4.º ESO: 12:00 h.
1.º BAC: 12:15 h.
2.º BAC e Ciclos Formativos (básica, medio e superior): 12:30 h.