Skip to Content

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR (2023/24)

Publicada, no DOG do día 19 de maio de 2022, a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 

Prazo da presentación: dende o 20/05/2023 - 00:00 ata o 21/06/2023 - 23:59

 

É posible realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros (www.edu.xunta.gal/fondolibros), recollendo os impresos na conserxería do instituto ou descargándoos nesta páxina, e posteriormente poderase optar polas seguintes formas de presentación:

  • Presentación no centro docente ou nun rexistro oficial: neste caso os anexos I e II serán presentados (debidamente cubertos e asinados), xunto coa documentación requerida.
  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento ED330B). https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

 O alumnado que se incorpore ao centro con posterioridade ao 21 de xuño e o alumnado repetidor en 4º da ESO, disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula para solicitar os libros. Non se poderán presentar solicitudes despois do 2 de abril de 2024.

 

 

AdxuntoTamaño
Fondo_Libros_Orde.pdf1.16 MB
Fondo_Libros_Extracto.pdf435.83 KB
Anexos_I_e_II.pdf1.61 MB


page | by Dr. Radut