Skip to Content

DESCONVOCADA DEFINITIVAMENTE - FOLGA NO TRANSPORTE OS DÍAS 27 E 28 DE ABRIL E INDEFINIDA A PARTIRES DO 8 DE MAIO

Hai convocada unha folga no sector do transporte de viaxeiros en autobús por estrada na Comunidade Autónoma de Galicia para os días 27 e 28 de abril, que será indefinida a partir do 8 de maio. Unha vez revisada a orde que establece os servizos mínimos, comprobouse que TODAS as liñas de autobús do IES Terra de Xallas están incluídas dentro dos servizos mínimos, polo que temos confirmado que, a priori, O TRANSPORTE FUNCIONARÁ CON NORMALIDADE TANTO A ENTRADA COMO Á SAÍDA DO ALUMNADO. Se non fose así e houbese algún problema, chamade ao instituto para comunicalo (881 86 70 80).

Para ver a orde ORDE do 21 de abril de 2023 pola que se establecen os servizos mínimos que se prestarán durante a folga convocada pola Confederación Intersindical Galega (CIG), a Confederación Sindical de Comisións Obreiras (CC.OO.) e a Confederación Sindical Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores de España (UGT) no sector do transporte de viaxeiros en autobús por estrada na Comunidade Autónoma de Galicia para os días 27 e 28 de abril, que será indefinida a partir do 8 de maio fai clic aquí.

 

A folga dos días 27 e 28 de abril foi desconvocada o día 26 de abril. Mantense a convocatoria de folga indefinida a partir do 8 de maio.

 

DESCONVOCOUSE A FOLGA INDEFINIDA CONVOCADA A PARTIR DE MAÑÁ DÍA 8 DE MAIO, POLO QUE O TRANSPORTE FUNCIONARÁ CON NORMALIDADE.



page | by Dr. Radut