Neste mes de novembro van ter lugar as eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar. Estas elección son moi importantes, dado que o Consello Escolar é o órgano de participación no goberno do instituto dos diferentes membros da comunidade educativa, a saber: pais/nais/titores legais, alumnado, persoal de administración e servizos e profesorado. Neste órgano tamén están representados o Concello de Santa Comba e os empresarios da zona, a través das persoas desgnadas por cada un deles.
Dende a Dirección animámosvos a presentar candidatura para formar parte do Consello Escolar.
QUEN PODE PRESENTARSE? Pode presentarse calquera persoa que sexa:
|
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS Do 5 de novembro ata o 14 de novembro COMO ME PRESENTO Dúas vías:
En ambos casos hai que utilizar o pdf "Solicitude de candidatura"
|
CENSO
O censo provisional de nais/pais/titores legais, alumnado, pas e profesorado estará dispoñible para a súa consulta no taboleiro de anuncios do instituto entre o 5 de novembro e o 12 de novembro.
O período de enmendas ao censo electoral provisional abrangue dende o 5 de novembro ata o 14 de novembro.
COMO PODO RECLAMAR/ENMENDAR O CENSO ELECTORAL PROVISIONAL?
Dúas vías:
- Na secretaría do centro
- No correo electrónico ies.terra.xallas@edu.xunta.gal
En ambos casos hai que utilizar ben o pdf "Solicitude de corrección_Censo", ou ben o pdf "Solicitude de inclusión no Censo".
CANTAS PRAZAS SE VAN RENOVAR?
Pais/Nais/Titores legais: | 2 prazas (*) |
Alumnado: | 2 prazas |
Pas: | 1 praza |
Profesorado: | 3 prazas |
(*) Das dúas prazas que se van a cubrir no sector dos Pais/Nais/Titores legais, unha delas está reservada para a ANPA. A outra será cuberta nas votacións do día 24 de novembro (artigo 38º do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, DOG 09/08/96).
Relación de candidatos que se presentan ao próximo proceso electoral para a renovación parcial do Consello Escolar.
Unha vez reunida a Xunta Electoral e revisadas as candidaturas presentadas, procédese a proclamar e publicar o listado de candidatos nos sectores indicados (*):
Sector do alumnado:
- Gerpe Rangel, Larissa
- Romar Moledo, Lidia
- Socol, Andreea Patricia
Sector dos pais/nais/titores/titoras legais:
- Amarelle Trigo, Elisabeth
- Carro Landeira, Juan José
- Martínez Ramos, María Isabel
(*) Como é preceptivo, conta esta proclamación ábrese un periodo de dous días, contados a partires da publicación desta información, para recoller as reclamacións que poida haber.
Así mesmo infórmase que o prazo para realizar campaña electoral nos distintos sectores abrangue dende o 18 ata o 22 de novembro.
As votacións terán lugar no centro educativo o 24 de novembro cos seguintes horarios:
Sector do alumnado: Dende ás 9:00 ata as 12:00 (o alumnado irase desprazando segundo o horario previsto polo equipo directivo).
Sector dos pais/nais/titores/titoras legais:
- Dende ás 11:00 ata as 13:30.
- Dende ás 15:30 ata as 18:00.
A Xunta Electoral do IES Terra de Xallas procede a proclamar e publicar o listado de candidatos/as electos no proceso electoral para a renovación parcial do Consello Escolar:
Sector do alumnado:
- Gerpe Rangel, Larissa
- Romar Moledo, Lidia
Sector dos pais/nais/titores/titoras legais:
- Carro Landeira, Juan José
En Santa Comba, a 25 de novembro de 2021
O presidente da Xunta Electoral
Manuel Avelino Insua Hermo
Adxunto | Tamaño |
---|---|
0120_Solicitude de CANDIDATURA.pdf | 489.89 KB |
0121_Solicitude de Corrección_Censo.pdf | 471.75 KB |
0122_Solicitude de Inclusión no Censo.pdf | 471.75 KB |
Carta familias elección Consello Escolar 21_22.pdf | 188.5 KB |