Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

CURSO 2023-34

Prazo de solicitude:     do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos.

Texto da convocatoria:   ORDE do 10 de maio de 2023

Procedemento administrativo:     ED330B

  PRAZOS
Presentación de solicitudes do alumnado de EP, ESO e EE no centro escolar ou mediante a sede electrónica, procedemento ED3308 Ata o 21/06/2023
Presentación de solicitudes do alumnado que repita 4º ESO ou que non obteña praza en FP Básica e que non solicitara no prazo anterior Un mes desde a matrícula
Devolución dos libros do curso 2022/2023 Ata o 21/06/2023
Publicación de listas provisionais Ata o 12/07/2023
Reclamación listas provisionais 2 días seguintes a publicación
Publicación listas Definitivas Ata o 26/07/2023

Forma de presentación:

  • Electrónica: utilice a aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica.  NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.
  • Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos na aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presénteos no centro educativo.
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023.


Documentación complementaria: Artigo 11 da Orde de convocatoria.
NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa). [artigo 12 da Orde de convocatoria]
A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer