- ALUMNOS NOVOS PARA 1º DA ESO:
Poden recoller o sobre en Conserxería a partir do día 13 de xuño, e entregalo cuberto o 23 de xuño e o 4 de xullo na Secretaría do centro, de 9:30 a 13:30.
- ALUMNOS QUE PASAN DE 1º A 2º DE ESO, e que xa teñen todo aprobado:
Poden pasar a partir do día 13 de xuño a recoller o sobre en Conserxería, e entregalo TODO cumprimentado en Secretaría entre os días 20 e o 22 de xuño.
- ALUMNOS que suspenderon algunha e teñen que recuperar estes días (ata o 22 de xuño): deberán entregar o sobre o día 1 de xullo, de 9:30 a 13:30.
- ALUMNOS QUE PASAN DE 2º A 3º DE ESO
Poderán pasar a recoller o sobre de matrícula en Conserxería entre os días 20 e 28 de xuño. A matrícula deberán facela en Secretaría o dia 30 de xuño e 1 de xullo de 9:30 a 13:30. Lembren cumprimentar todos os documentos e leer todas as especificacións da matrícula.
- ALUMNOS QUE PASAN DE 3º A 4º DE ESO
Poden recoller o sobre en Conserxería a partir do luns día 13 e entregalo en Secretaría o día 27 de xuño de 9:30 a 13:30.
Traian todo cumprimentado e lean todas as especificacións da matrícula.
- ALUMNOS QUE PASAN DE 4º A 1º DE BACH:
Poden recoller o sobre en conserxería a partir do día 20 de xuño e entregalo en Secretaría o día 28 de xuño de 9:30 a 13:30, lembren traer todo debidamente cumprimentado e leer as especificacións da matrícula.
- ALUMNOS QUE PASAN DE 1º A 2º DE BACH
Entre os días 15 e 27 de xuño poden pasar a recoller o sobre da matrícula en Conserxería, e deberán entregalo debidamente cumprimentado en Secretaría, o día 29 de xuño de 9:30 a 13:30 (hora de peche).
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer