Queridas familias e alumnado maior de idade:
Para evitar riscos na curva para os rapaces que chegan ao Bica e Arrinca ou que veñen andando, a partir de mañá, poderán cruzar o paso de cebra e entrar pola verxa vermella do aparcamiento de profesores.
Está solicitada unha acera ao Concello pero levará o seu tempo porque teñen aínda que enviarnos o proxecto para poder solicitala á Xunta.
As notas da 2ª avaliación publicaranse o venres día 26 de marzo PARA TODOS OS CURSOS, ás
11:00 h, no Espazo Abalar. Se algunha nai/ pai/titor legal ten dificultades para acceder á información, poderá solicitar o boletín por correo electrónico ao enderezo do centro:
ies.terra.trasancos@edu.xunta.es antes do día 24 de marzo ás 16:00 h.
Agardamos que pasedes unhas moi felices vacacións, cuidade a saúde para poder rematar o curso en condicións.
Unha aperta!
A dirección
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer