Entre o días 11 de xaneiro e 8 de febreiro (incluidos) está aberto o procedemento de reserva de praza para o curso 2021-2022 para alumnado que curse 6º de Primaria no CEIP A Gándara de Narón, e que vaia vir facer 1º de ESO no noso centro, e para alumnado dos outros centros adscritos: CPR Jorge Juan e CPR Santiago Apostol, para vir estudar 1º de Bacharelato.
O resto do alumnado que queira matricularse no noso centro e que non cursen estudos nun centro adscrito, terán aberto entre os días 1 e 22 de marzo o procedemento de Solicitude de Admisión. Dentro dese prazo deberán facer entrega na Secretaría do Instituto o Anexo II (impreso de Solicitude de Admisión que pode atoparse no apartado de Secretaría, na marxe esquerda desta web) ou ben facelo a través da aplicación admisionalumnado.
SESIÓNS INFORMATIVAS PRESENCIAIS. 21 DE XANEIRO.
DURACIÓN 45 MINUTOS. SÓ SE ADMITIRÁ UN RESPONSABLE POR ALUMNO.
21 de xaneiro ás 16,00:Familias do alumnado de 6º A DE PRIMARIA do Colexio da Gándara.
21 de xaneiro ás 17,00: Familias do alumnado de 6º B DE PRIMARIA do Colexio da Gándara
21 de xaneiro ás 18,00: Famiias do alumnado de primaria que non esté adscrito ao centro pero que queira solicitar praza no noso centro.
21 de xaneiro ás 19,00: Familias do alumnado de Bacharelato de nova incorporción, que veña de centros adscritos ou non adscritos.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer