Queridas familias:
Achegámonos á recta final do trimestre, polo que queremos informarlles dalgúns aspectos importantes a ter en conta para o día 22 de decembro.
As notas enviaranse por Abalar, a partir das 11,00 da mañá, iso non quere dicir que vaia ser xusto ás 11,00, pode ser algo máis tarde, polo que deben ter paciencia, non entren en pánico, non pasa nada, non van quedar sen notas, as notas estarán aí en Abalar, só terán que ter paciencia ata que consigan entrar no caso de colapso da rede, cousa que pode suceder.
Se algunha familia ten algunha dificultade, ben porque non ten ordenador ou móbil dispoñible para ese día, ben por algún motivo suficientemente importante ou grave, deberán enviar un mail ao correo do centro dende hoxe ata o día día 21 ás 12,00, informando da problemática que lles imposibilitaría recibilas por Abalar, e veremos a forma de facilitarllas, pero só o faremos en casos excepcionais e debidamente xustificados.
Por outro lado, o martes, día 22 de decembro, pola tarde, se realizarán actividades lúdicas. Non obstante, ante algunhas preguntas das familias e alumnado, e dado que algúns necesitan esa tarde para viaxar ou por motivos organizativos familiares propios destas datas, tendo en conta isto, excepcionalmente, esta vez, por estes motivos, poderán xustificarse as faltas desa tarde, pero deberán facelo por adiantado, por razóns organizativas das actividades que se poidan facer no centro, para elo deberán cubrir o xustificante que adxuntamos NESTE ENLACE e entregalo ao titor ata o luns 21 de decembro. O titor informaría ao profesorado correspondente, desta forma, as faltas dese día pola tarde quedarían xustificadas.
As clases reanudaranse o día 8 de xaneiro.
Aproveitamos para desexarlles unhas moi felices festas e que o ano novo traia a tranquilidade, o traballo e a saúde que tanto precisamos neste dificiles tempos que estamos a vivir.
Unha afectuosa aperta e moitas gracias pola súa colaboración.
A Dirección
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer