INFORMACIÓN REPARTO DE MÁSCARAS.XUNTA DE GALICIA

Queridas familias e alumnado:

Premendo neste ENLACE poderede atopar a información referente ao reparto de máscaras da Xunta. 

Prazo: 10 dias hábiles a contar dende o día seguinte da publicación no DOG. Comeza a contar dende o luns 16 de novembro.

Requisitos:

Artigo 6.

Alumnado exento de presentar solicitude Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21.

Artigo 7. Presentación de solicitudes

1. Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar. 2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.

3. As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal Este formulario de solicitude (anexo I) tamén estará dispoñible:

a) No centro docente

b) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer