Estimadas familias:
O pasado venres, 27 de marzo, recibimos as instruccións da Consellería de adaptar esta avaliación aos tempos do Estado de Alarma e para realizar a 2ª avaliación antes do día 3 de abril, polo que esta semana procederemos a realizar a avaliación correspondente.
Aplicaranse na mesma os contidos e instrumentos de avaliación que foron traballados e aplicados ata o día 12 de marzo.
Publicaranse na web as aclaracións feitas por cada Departamento, se foran necesarias. Lembrarlles que os exames non son o único instrumento de avaliación
As notas publicaranse o día 3 de abril entre as 14,00-14,30.Poderán acceder a elas mediante a plataforma ABALAR (Abalar móbil ou Espazo Abalar)
Cando vaiamos sabendo máis novas da Consellería sobre como se vai desenvolver a 3ª Avaliación farémolo saber ás familias a través da páxina web.
Lembrarlles que para calqueira dúbida sobre a publicación das cualificacións poden contactar co centro no correo: ies.terra.trasancos@edu.xunta.es, para outras cuestións relacionadas co Departamento de Orientación no correo:orientaciontrasancos@gmail.com ou co profesorado por medio de Abalar.
Un saúdo, ánimo, forza e paciencia!!
A Dirección
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer