Actividades

ADMISIÓN A PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS 2020

 O prazo de presentación de solicitudes para a inscrición as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior comenzará o 10 de febreiro e finalizará o 19 de febreiro de 2020.

Todas as solicitudes deberán de facerse a través da aplicación informática Ciclosprobas, que para a convocatoria 2020 estará dispoñible desde o día 10 de febreiro.

O alumnado que desexe inscribirse terá á súa disposición un ordenador e unha impresora no centro para facela.

Toda a información e a documentación referente ás probas de acceso aos ciclos formativos poderá consultarse dentro da pestana “Probas” do menú da páxina web: http://www.edu.xunta.es/fp

Novidades da convocatoria 2020:

  • Na convocatoria de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior para o ano 2020 as persoas solicitantes soamente poderán cubrir a solicitude de admisión ás probas a través da aplicación informática "Ciclosprobas" , que funcionará como asistente, desde a opción dispoñible na páxina www.edu.xunta.es/fp/probas ou ben directamente na desde a seguinte ligazón: (https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do). Polo tanto, os centros de inscrición soamente deberán recoller aquelas solicitudes que foran realizadas a través da aplicación "Ciclosprobas".

 

 

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer