Responder ó comentario
RUTA POLA SENDA DO RÍO MIÑOR: DEPORTE, FOTOGRAFÍA DA NATUREZA E RECOLLIDA DE LIXO
Coordinado co Departamento de Educación Física e o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, organizáronse unhas rutas pola senda do Río Miñor. Esta ruta empezou no propio instituto e seguiu por varios puntos de interese etnográfico ao longo do río Miñor ata chegar a presa do Botana.
Durante esta ruta, seguindo os coñecementos impartidos polo Departamento de Educación Plástica e Visual, o alumnado sacou fotografías da biodiversidade propia do río.
Ademais, aproveitamos a ruta para facer un concurso de recollida de lixo. O alumnado estivo moi motivado e participou moi activamente. En total, recollemos máis de 5 quilogramos de lixo, maioritariamente plástico.
Esta actividade forma parte das actividades do Proxecto Ríos.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
camiñando pola senda do Miñor 1.jpg | 12.52 MB |
camiñando pola senda do Miñor 2.jpg | 11.57 MB |
camiñando pola senda do Miñor 3.jpg | 9.92 MB |
concurso recollida de lixo.jpg | 7.51 MB |
lista de control das fotografías que debían sacar.jpg | 3.14 MB |
sacando fotos ao longo da ruta.jpg | 9.9 MB |
foto abelaira.jpg | 76.95 KB |
foto comparativa ameneiro e abelaira.jpg | 54.19 KB |
foto lesma.jpg | 4.42 MB |
foto loureiro.jpg | 60.46 KB |
foto tritonia.jpg | 2.74 MB |