O alumnado de 3º de ESO do IES Terra de Soneira comeza no mes de novembro este plan proxecta de Quérote + sobre a Educación Afectivo-Sexual con moita ilusión de que entendan a diversidade sexual como un factor determinante para a súa vida futura, persoal e social e sexan plenamente conscientes do respecto pola mesma.
Sabemos da dificultade que supón abordar esta temática, polo que implica para os rapaces desenvolver co profesorado do centro estas cuestións tan íntimas e privadas. Para isto precisan acadar previamente un nivel de seguridade e de confianza que lles permita falalo o máis abertamente posible, así como superar certos medos e prexuizos que poidan ter.
Iniciamos este Plan Proxecta no mes de novembro seguindo a planificación do programa establecido por Quérote+.
Desenvolvemos as fichas 1 "Presentación de Quérote+", 2 "A educación sexual" e 3 "Identidade e Orientación sexual" adaptándonos aos ritmos de cada un dos grupos e en ocasións ás esixencias do funcionamento do centro( exames, saídas, avalaicións, etc).
Na primeira ficha "Presentación de Quérote+" resultoulles moi interesante a todos coñecer o servizo de Quérote+, que descoñecían na maioría dos casos, e lles sorprendeu moi gratamente recibir a resposta individualizada ás peguntas que fixeron de proba. É un factor determinante na súa formación e asesoramento que asuman que hai especialistas que lles poden responder anonimamente a todas as inquedanzas relativas a esta temática e que perdan o medo a facelas cando o precisen.
Na segunda ficha sobre "A Educación sexual" abordamos de xeito xenérico os conceptos básicos relacionados coa educación sexual, a través dun torbellino de ideas conxunto e intentando facilitarlles pouco a pouco a seguridade para que se solten a falar dos mesmos sen vergonza e/ou prexuizos.
Para a terceira ficha sobre "diversidade e orientación sexual", centrámonos na diferenza entre os conceptos de identidade, orientación sexual e diversidade sexual, de xeito a facelos reflexionar durante varias sesións sobre os mesmos e co obxectivo de idear propostas para a elaboración dun mural que promova valores de respecto pola diversidade sexual. Para esta actividade dividiuse a aula en pequenos grupos de 4 ou 5 persoas; cada grupo deseñou primeiro nun folio o esbozo dun debuxo que representara de modo orixinal o respecto pola diversidade sexual, e posteriromente debuxaron todas as ideas nun mural que se colocou no corredor fóra da aula, de xeito a estea ben visible para o resto do alumnado do centro.
Finalmente despois de varias sesións traballando nos conceptos de identidade sexual, orientación sexual e diversidade sexual, o alumnado colgou os seus debuxos nun dos corredores do instituto para que o resto dos compañeiros os poidan ver.
Na cuarta ficha sobre "O modelo de amor romántico" reflexionamos sobre o modelo do amor romántico. Para iso, proxectamos nun primeiro momento o seguinte vídeo:
Neste video a catedrática de Química da Facultade de Santiago, Ana García Deibe, explica que hormonas interveñen na fase de enamoramento e cales nas relacións amorosas máis duradeiras e como cada unha delas actúa no noso cerebro dependendo da fase na que nos atopemos. A continuación explicouselles aos rapaces, a través dos diversos materiais propostos na ficha, a idea socialmente asumida do amor romántico. Procurouse obter por parte do alumnado unha reflexión persoal acerca destas ideas preconcibidas( ..."a media laranxa, o amor para toda a vida, a parella como prioridade, os celos..") facilitando así un pequeno debate grupal ao respecto e desmontando na medida do posible os tópicos e mitos referentes a este modo de relacionarnos.
Na ficha quinta sobre "Relacións a través da tecnoloxía" traballamos, durante dúas semanas consecutivas, a relación dos sexos a través dos medios tecnolóxicos, de cara a facelos reflexionar sobre as condutas inapropiadas cando nos vinculamos cos demais a través das novas tecnoloxías. Contestaron ao cuestionario de xeito grupal, poñendo en relevancia aquelas condutas prexudiciais para establecer relacións amorosas ou de amizade sanas. Visionamos co alumnado os vídeos do banco de recursos que invitan á reflexionar sobre o uso responsable e positivo das novas tecnoloxías nas nosas distintas relacións persoais e intentar corrixir no posible as condutas tóxicas.
Na sexta ficha "Cultivando habilidades", procuramos concienciar ao alumnado da importancia do grupo social de iguais, xa que é un factor de apoio imprencindible no desenvolvemento psicoemocional dos adolescentes, pero sinalando ao mesmo tempo o factor de presión que pode chegar a exercer ese mesmo grupo de iguais. Levouse a cabo a dinámica de xogos de rol para reflexionar sobre as distintas situacións de presión grupal plantexadas na actividade e unha posterior breve posta en común do grupo. Visionaron igualmente o vídeo "Explicamos el consentimiento" e responderon ás preguntas plantexadas referentes ao consentimento sexual.
Velaquí os vídeos protagonizados polo noso alumnado sobre distintos exemplos de presión grupal: a presión para manter relacións sexuais, para o consumo de tóxicos, para facerse unha tatuaxe e para o manexo das redes sociais. Podedes pinchar nas imaxes para ver os videos.
E coa ficha número oito "Hoxe damos nós a clase", imos elaborar por grupos de 5-6 persoas, distintos materiais nos que se recolla unha información interesante sobre os diversos conceptos, ideas, formas de vincularse, prácticas eróticas, etc. aprendidas ao longo deste proxecto. Unha vez confeccionado este material serán os propios alumnos de 3º quenes lle presenten o seu traballo aos compañeiros de 1º e 2º ESO, na biblioteca do centro, os días 27 de maio e 3 de xuño.