Este venres 11 de novembro, día de San Martiño, celebramos o noso tradicional magosto. Tivemos castañas asadas, un túnel do terror literario, concurso de doces do inframundo na biblioteca e xogos tradicionais no patio. Moitas grazas a todos os que fixestes posible este día, especialmente aos alumnos que participaron nas actividades!
Podedes ver fotos e vídeos desta xornada tan especial pinchando no seguinte enlace: https://actividadessoneira.blogspot.com/