As Normas de Organización e Funcionamento do instituto, inicialmente aprobadas en 2017, foron sometidas a unha revisión durante o presente curso. AS NOF sufriron unha adaptación á normativa xurdida durante os últimos anos e foron actualizadas para recoller as decisións que os órganos do centro foron tomando durante este periodo. O proceso, que estivo aberto a toda a comunidade educativa, culminou coa aprobación en Consello Escolar o pasado 30 de xuño.