Co gallo do Día internacional da muller na ciencia (11 de febreiro), o Departamento de Ciencias Naturais realizou co alumnado unha exposición nos corredores do centro sobre mulleres científicas relevantes:
Pola súa banda, o alumnado do Club de Lectura de 1º da ESO, "Hora de ler", rematou a súa lectura de 'Escarlatina, a cociñeira defunta' cunha actividade culinaria do máis saboroso. O alumnado, organizado por parellas ou individualmente, presentou unha sobremesa inspirada nas receitas do libro. Despois de degustalas entre todos o luns 20, realizouse unha votación para escoller aos mellores "Chefs do inframundo". Premiábase o prato realizado e a orixinalidade no nome e deseño da receita. Os e as premiadas (houbo 2 premios e 2 accésit) recibiron cadansúas camisetas de agasallo (Deseñadas en colaboración co Departamento de Plástica) e un Diploma. Aquí están as fotos das sobremesas e a dos premiados:
O día 22 o alumnado do 2º ciclo da ESO asistiu no centro á charla -recital de Pablo Carpintero sobre instrumentos musicais organizada polo Departamento de Música.
Co gallo do Día de Rosalía (24 de febreiro), o alumnado de 1º ESO, coordinado polo Departamento de Lingua Galega, realizou un Recital poético en homenaxe a Rosalía nos recreos do día 22 na Biblioteca, acompañados musicalmente polos alumnos de Bach. Gala Cernadas e Alberto Angües. Os participantes recibiron como agasallo conmemorativo uns marcapáxinas artesanais coa imaxe de Rosalía deseñados pola profesora Nieves Vilas.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Recital poético.pdf | 157.06 KB |
20170220_165105.jpg | 35.21 KB |
20170220_165124.jpg | 44.58 KB |
20170220_165220.jpg | 35.02 KB |
20170220_165159.jpg | 28.16 KB |
20170222_103324.jpg | 42.41 KB |
20170222_103441.jpg | 42.77 KB |
20170222_123148.jpg | 41.5 KB |
20170222_122900.jpg | 38.1 KB |
20170222_112456.jpg | 42.84 KB |
20170217_103536.jpg | 37.56 KB |
20170217_103640.jpg | 50.78 KB |
20170217_103622.jpg | 37.99 KB |
20170217_103651.jpg | 52.8 KB |
20170217_123300.jpg | 43.86 KB |
Pablo Carpintero.png | 157.38 KB |