Enviado por admin o Sáb, 13/01/2024 - 20:24
O pasado 30 de novembro tivemos a formación presencial do ENLAZAVIGO (do concello) PARA A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO NA MOCIDADE para a que se crearon tandas tanto de mañá coma de tarde para que puidese asistir todo o alumnado da mañá e da tarde de 3º e 4º ESO, 1º e 2º FPB, 1º E 2º BACHARELATO, CICLOS MEDIOS DE PCC, EB, SMR, CICLOS SUPERIORES DE EIB, AIPC, CMP, DAM, DAW, DAW DUAL, ASIR, CURSO DE ESPECIALIZACIÓN BIG DATA E A ESA. Nesta formación facilitáronse ferramentas para a identificación dos distintos tipos de violencia de xénero na mocidade, favorecendo a súa prevención. Traballouse na deconstrución dos mitos que as rodean.