Este mércores 7 de febreiro celebrouse a IX Olimpíada de Xeoloxía, na que unha vez máis estiveron presentes mozas e mozos de 4º de ESO , de 1º e de 2º de Bacharelato do noso centro.
Ó longo da xornada realizaron probas prácticas sobre mapas topográficos e identificación de rochas, minerais e fósiles, ademáis de realizar un test teórico e asisitir a charlas e talleres divulgativos. Foi unha ocasión para tomar contacto co campus de Vigo e confraternizar co alumnado doutros centros da provincia. Un día para aprender de xeito diferente, e tamén para facer festa e con razón: Marta Santaclara Vidal , Camila Cañas Goez, Laura Santaclara Vidal e Iván Montenegro conseguiron o premio ó mellor equipo. Parabéns!!
Mais información do evento en https://duvi.uvigo.gal/duvi_gl/contenido/artigos/alumnado/2018/02/artigo_0006.html.
Deixámosvos cunhas fotos do evento
Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en http://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License