Skip to Content

Blogue de Matemáticas

Optativa para o Bacharelato

O Departamento de Matemáticas oferta a seguinte optativa para o alumnado de Bacharelato:

2º de Bacharelato:  Métodos Numéricos e Estatísticos (MEN) (4 horas/semana)

Para máis información  MEN (inclúe as titulacións universitarias nas que aparecen os MEN)

             

Estatística e Matemáticas para a sociedade da información

O pasado 16 de febreiro visitounos Manuel Febrero Bande, Catedrático de Estatística e Investigación Operativa na Universidade de Santiago de Compostela. A visita, encaixada dentro das propostas formativas da USC, permitiunos contar coa presenza de Manuel, quen combina a súa labor como docente na Facultade de Matemáticas coas tarefas de investigación e divulgación no eido da estatística.

O alumnado obxectivo desta presentación foron alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato. Manuel trasladoulles de xeito moi ameno a súa inquedanza pola estatística e a utilidade da mesma no mundo que nos rodea.
 
Conceptos como Big Data ou Intelixencia Artificial tomaron forma durante a sesión, onde se fixo un percorrido pola utilidade da estatística e a forma na que nos aporta datos esenciais en campos como a bioloxía, a medicina ou mesmo o fútbol.
 
Tamén apareceron durante a presentación algúns conceptos ben coñecidos polo alumnado, como es rectas de regresión e as nubes de puntos, que permitiron comprobar a practicidade da materia máis alá dos contidos do seu currículo.
 
Foi un pracer contar con este excelente divulgador e investigador nas nosas aulas. Agardamos poder repetir a experiencia nun futuro próximo.
 

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

 

AS BASES DO CONCURSO PODES ATOPALAS NO FICHEIRO ADXUNTO.

ANÍMATE A PARTICIPAR!

Aquí están as gañadoras e os gañadores do concurso. Noraboa!

1º - 2º ESO

3º - 4º ESO

1º - 2º BAC

PROFESORADO E FAMILIAS 

PROFESORADO E FAMILIAS ÁCCESIT

 

 

 

Navegando polo Universo

O pasado 21 de decembro o alumnado de 1º da ESO tivo a oportunidade de saír ao espazo exterior a través dunha actividade organizada polo departamento de Matemáticas.

 

A actividade Navegando polo Universo, da man de Íñigo de la Cuadra Salcedo. Íñigo atópase á fronte do proxecto educativo e de intercambio cultural Ruta Quetzal, proxecto iniciado polo seu pai no ano 1979, que busca mesturar a educación en valores, a cultura e a aventura.

 

Grazas a Íñigo poidemos dispoñer dun planetario móbil, e fixemos un breve percorrido pola historia da Astronomía viaxando desde o planeta Terra ata as estrelas, para coñecer de primeira man o funcionamento do Universo. Foi unha actividade moi dinámica que achegou a Astronomía dun xeito interactivo, sobre todo polo carácter visual do planetario.

 

Agradecer a Íñigo a súa labor de divulgación, así como os coñecementos que, de maneira moi amena, trasladou ao alumnado de 1º da ESO.

 

 

Cálculo nota 1ª, 2ª avaliación do alumnado que non pode facer o último exame da avaliación

O Departamento de Matemáticas acordou, na reunión celebrada o 8 de novembro, calcular a nota da 1ª e ou 2ª avaliación do alumnado que, xustificadamente, non pode facer o último exame dunha avaliación, da seguinte maneira:

1. Avaliar o exame que lle falta por facer cun 0.

2. Facer a media das notas seguindo os criterios de avaliación establecidos.

3. Deixar constancia no boletín de que a nota obtida é provisional.

4. O alumnado afectado fará o exame en canto se incorpore á clase, salvo que por razóns pedagóxicas o profesorado decida adialo. Unha vez feito o exame, calcularase a súa nota da avaliación.

5. A nota provisional quedará anulada pola nova nota  a efectos do cálculo da nota de final de curso.

Así quedou recollido na acta de Departamento do mes de novembro número 20221108.

Criterios cualificación PLAN DE MÍNIMOS

O Departamento de Matemáticas, na reunión celebrada, o 5 de outubro acorda establecer de maneira unánime os seguintes CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN para os PLAN DE MÍNIMOS. En cada avaliación, 80% + 20% donde:

  • O 80% da nota da avaliación estará conformado pola media aritmética das probas escritas.
  • O 20% restante obterase das táboas de indicadores nas que será avaliado o criterio CA6.3, presente en todas as unidades. Dito estándar permitirá avaliar a actitude positva do alumnado e a súa perseverancia na materia.

Así quedou recollido na acta do mes de outubro número 20221005. 

Programación didáctica 22-23

Curso 22-23

BENVIDAS E BENVIDOS

AO

CURSO 22-23!

Matemáticas na Raia 2022

    Este curso volvemos a participar na actividade Matemáticas na Raia da man do noso compañeiro Manuel Villar Cendón.

    Desexamos moita sorte ao equipo participante.

    A por todas!

Adaptación da Programación didáctica do curso 21-22

Adaptación da Programación Didáctica do Departamento de Matemáticas do curso 2021-2022 segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato no sistema educativo de Galicia.

Distribuir contido


by Dr. Radut