Skip to Content

Asistencia ao teatro

   

    O alumnado de 1º de bacharelato, xunto cos seus profesores do departamento de Lingua Castelá e Literatura, asistiron o luns 27 de abril ao colexio Sta. Juana de Lestonnac para ver unha dramatización do Quijote.

    Alí puideron asistir a unha divertida posta en escena dos principais episodios da universal obra.

Arte dixital de Edu Pereira

 

     Os alumnos de 1º de Bacharelato asistiron o pasado martes a unha charla por parte do artista ferrolán Edu Pereira, especializado en fotografía dixital e CGI (Imaxe Xerada por Computadora), que lles explicou todo o relacionado co seu traballo dende diferentes perspectivas: artística, ética, técnica e laboral.

    Os asistentes puideron desfrutar entre outras cuestións da súa obra comentada, de demostracións da realización dun proxecto dende cero, de curiosidades sobre o traballo con famosos, e tiveron a opción de preguntar as inquedanzas xurdidas nos últimos minutos.

    Dende o centro agradecemos a Edu Pereira a súa colaboración e poñer o seu talento e formación a disposición do noso alumnado.

Días non lectivos no IES Sofía Casanova.

      Lémbrase á comunidade educativa do IES Sofía Casanova que o vindeiro luns, 4 de maio, é día non lectivo de elección do centro polo que o devandito día non haberá clase.

Visita á SGHN

   

    Os alumnos de 1º de ESO, acompañados polos seus profesores de ciencia da natureza, acudiron o pasado martes a visitar a Sociedade galega de Historia Natural (SGHN) na casa do coronel, en Canido.

    Alí realizaron unha visita guiada polas interesantísimas instalacións e aprendéronlles a labor de concienciación e de recuperación do medio natural que fai a SGHN.

    Mira as fotos.

Viaxe a Madrid dos alumnos de 2º de bacharelato

   

     O alumnado de 2º de bacharelato xunto cos seus profesores das materias de xeografía, historia da arte e historia, realizaron unha viaxe a Madrid entre os días 16 e 20 de abril.

    Alí puideron comprobar aspectos estudados na aula do urbanismo da cidade e visitaron o Museo del Prado e o Reina Sofía.

Planeta Lingua nº 16

 

   Acaba de editarse o nº 16 da revista escolar "Planeta Lingua".

 

   Podes vela ou descargala dende esta web.

 

 Planeta Lingua nº 16

Admisión alumnado curso 2015-2016 - Listas definitivas

   

 Rematado o proceso de admisión, ó non producirse cambios, as lista provisional de admitidos pasa a ser definitiva.

Viaxe de 4º de ESO a Valencia

 

     Os alumnos de 4º de ESO, xunto coas profesoras Pilar Berrio e Mª José Vilaboy (Vily) estiveron entre os días 6 e 11 de abril en Valencia.

    Coñeceron esta fermosa cidade e a Albufera, onde realizaron unha viaxe en barco. Asistiron a unha visita á Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia, que incluíu o Hemisféric, o Museo y o Oceanográfico. E, como non, tamén foron pasar un día a Terra Mítica, unha das actividades máis esperadas.

    Se queres ver que ben o pasaron, mira estas fotos.

Distribuir contido


by Dr. Radut