Skip to Content

O Sofía Casanova presente en Romanía

   

    O noso centro, coa valiosa colaboración do CFR de Ferrol, está a participar nun proxecto Erasmus+ relacionado coas linguas.

   Neste mes de novembro levouse a cabo a mobilidade dunha profesora do centro á cidade de Tulcea (Romanía) para participar no curso “Transdiciplinarity through outdoor learning in Danube Delta”.
    Durante cinco días o profesorado participante traballou de xeito teórico e práctico en cómo desenvolver actividades ao aire libre para calquera materia e visitaron dous centros escolares: Unha pequena escola rural no corazón do delta do Danubio e o instituto de ensino secundario Spiru Haret na cidade de Tulcea.

         Galería de imaxes

Rastro solidario

 

     Entre os días 11 e 19 de decembro, realizaremos en colaboración coa ANPA un Rastro Solidario en favor da Cociña Económica de Ferrol no recibidor do centro.

    As vendas serán de CDs, DVDs, libros, xoguetes, bixutería, obxectos decorativos …, aportados pola comunidade educativa e que se recollerán entre o día 22 deste mes e o 5 de decembro, no primeiro recreo no recibidor.

Semana STEM

   

     Alumnos de 1º ESO do Sofía Casanova foron seleccionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para participar na semana STEM, que ten por obxecto fomentar o espírito científico e tecnolóxico do alumnado galego.

    O alumnado pasará unha semana en Mondariz en rexime de internado.

Visita a Caldoval

 

   O alumnado de Latín e de Cultura Clásica acudiu o venres 3 de novembro ao Centro de Interpretación de Caldoval en Mugardos.

    Alí realizaron unha visita guiada polas instalacións do museo e do xacemento arqueolóxico e participaron nun obradoiro de elaboración de perfumes coas técnicas da época. Ambas actividades estiveron magnificamente organizadas polo persoal do centro.

    Foi unha visita moi interesante que acercou aos estudantes á vida cotiá na época romana dunha forma lúdica e diferente.

Recitado poesía, 26 outubro, EDL

    O día 26 de outubro tivo lugar un recitado de poesía en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, organizado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.

    Ao acto asistiron os alumnos de 2º ESO D con Antía López, coordinadora do EDL do IES Sofía Casanova.

      Vídeo

 

Exposición e charla sobre contaminación lumínica

   

    Na entrada do instituto situouse o mes pasado unha exposición itinerante sobre contaminación lumínica.
   O día 30 de outubro, Óscar Blanco, da Agrupación Astronómica Coruñesa, impartiu unha charla sobre a contaminación luminosa e os seus efectos.
   Unha das cuestións que máis sorprendeu aos alumnos de 1º ESO (CCNN) e de 4º (Cultura Científica), foi saber que a falta de luz ou o seu exceso poden alterar o ciclo da vixilia e o sono, e polo tanto influír na saúde humana.

Teatro Colón: Representación de Elisa e Marcela

 

    O alumnado de valores éticos de 3º ESO acudiu ao Teatro Colón o xoves 19 de outubro para ver a obra "Elisa e Marcela", a historia de dúas mulleres que no ano 1901 casan na Igrexa de San Xurxo, na Coruña, unha delas vestida de home.

    Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo representada polas cómicas de A Panadería.

Visita ó complexo xeolóxico de Cabo Ortegal

 

    O martes dezasete de outubro, cincuenta e dous alumnos de 1º de bacharelato acompañados por profesores do departamento de Bioloxía realizaron unha saída ao Complexo xeolóxico de Cabo Ortegal, contorna privilexiada para a observación de rochas ultrabásicas e demais singularidades propias da Capelada.

    Neste percorrido os alumnos foron guiados polo doutor en Xeoloxía Francisco Canosa.

Distribuir contido


by Dr. Radut