Skip to Content

Reunión informativa

   

    Como se comunicou ao comezo deste curso, o alumnado participante na iniciativa de Educación Dixital (E- Dixgal), enmarcada dentro do Proxecto Abalar, disporá ao longo deste curso de novos equipos individuais para uso educativo

    Co obxectivo de informar os pais ou titores legais do alumnado de 1º ESO sobre a cesión de uso dos devanditos equipos ao alumnado e as súas familias, terá lugar unha reunión o próximo día 09-01-2018, martes, no salón de actos do centro ás 18,15 h.

Recollida de alimentos

   

      Como todos os anos por estas datas, o ANPA organiza unha recollida de alimentos non perecedeiros no recibidor do centro.

    Os alimentos serán entregados a organizacións que se ocupan de axudar a xente con dificultades económicas.

Viaxe a Finlandia

        O 29 e 30 de novembro, a directora do centro e a coordinadora do proxecto Robot dance viaxaron a Finlandia para asistir a varias reunións onde tiveron a oportunidade de coñecer os responsables do proxecto de Gales e Finlandia e visitar centros escolares de primaria e secundaria.

Charla sobre o lume

 

 

     O xoves 30 de novembro, o Enxeñeiro de Montes e profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñería da USC, Pablo Vila Lameiro, deunos unha charla informativa sobre os lumes en Galicia.
     Explicounos as características que fan que Galicia sexa a comunidade autónoma con mais lumes de España, pero tamén a alta efectividade na extinción destes lumes.

    Así mesmo, recalcou que os lumes que sucederon na nosa comunidade no pasado Outubro, foron debidas ao cúmulo dunha serie de circunstancias desfavorables, pero non é algo illado, senón que tódolos anos repítense, por desgraza, situacións similares.

Charla de Economía

   

     O xoves, 30 de novembro, na Biblioteca do IES Sofía Casanova, os profesores do departamento de Economía Financieira e Contabilidade da Universidade da Coruña Joaquín Enríquez Díaz e Rubén Lado Sestayo, impartiron a primeira das tres charlas que teñen por tema "Decisións económicas no ciclo da vida".

    Tras esta primeira sesión, adicada aos alumnos de 1º D e E de Bacharelato, virán otras dúas na que se tratarán temas como a relación cos bancos e a conciencia fiscal.

Obradoiro de Hip Hop

   

    O xoves 30 de novembro e o venres 1 de decembro, acudiu ao IES Sofía Casanova, Adrián López Lodeiro.

     Adrián, é o director artístico de All Dance Studio e participou na actual edición de “La Voz” en Telecinco.

    Compartiu cos alumnos de Música de 1º de Bacharelato, a súa experiencia, artística e vital, dende os seus comezos no baile de Salón, ata a apertura da súa propia Academia de baile, e impartiu ademáis, un “ Obradoiro de Hip Hop ”, co que o alumnado puido aproximarse aos pasos básicos deste estilo.

              Fotos                 Vídeos

Coñecendo o Universo

   

     O venres 24 de Novembro, Paulino Gasalla, da sección de astronomía da SGHN, impartiu unha charla ós alumnos de 4º da ESO titulada "Coñecendo o Universo".

    Nela abordáronse distintos temas; entre eles, as características do sistema solar, os buratos negros, os exoplanetas, as supernovas e o espazo profundo.

Inglés: clases culturais

   

    O luns 27 os alumnos de 1º bacharelato tiveron a oportunidade de disfrutar dunha clase de inglés distinta, impartida por unha falante nativa.

    A sesión, sobre lingua e cultura, celebrouse no propio centro e nela os alumnos puideron interactuar coa relatora e coñecer curiosidades como a orixe da bandeira do Reino Unido, a razón pola que conducen pola esquerda, a vestimenta típica de Escocia, algunhas palabras galesas, etc. Os rapaces pasaron un bo rato á vez que practicaban a súa comprensión e expresión oral dun xeito ameno.

Distribuir contido


by Dr. Radut