Skip to Content

Concerto didáctico no Auditorio de Galicia

 

     O pasado 23 de Xaneiro, alumnos de 3ºESO B, 2º A e 1º ESO C/D, asistiron a un concerto didáctico no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), a cargo do grupo Las Lollipops.

   Las Lollipops está formado por tres voces femininas: Paula Romero, Marian Ledesma , Paty Lesta e un pianista, Cristian Leggiero. Durante unha hora, con música en directo e dunha maneira moi divertida, explicaron o alumnado asistente, conceptos claves da música vocal e coral. Cantas clases de voces hai?, Como se canta unha canción a diferentes voces? , A voz é un instrumento máis? É máis doado cantar só ou a voces? E acabamos o concerto interpretando todos xuntos unha canción a dúas voces.

           Fotos               Vídeos

Visita a Reganosa e Forestal do Atlántico

   

    Os alumnos de 2º de bacharelato A,B visitaron Reganosa e Forestal do Atlántico, onde foron atendidos por personal desas empresas.

    En Forestal  coñeceron as actividades da empresa para evitar a polución mariña dos vertidos dos barcos, e para evitar accidentes por gases cando os barcos son reparados en Navantia.
    Viron a planta de coxeneración. Viron temén a planta de producción de formol e resinas de urea-formol así como a planta de impregnación do papel  empregado no acabado dos taboleiros de madeira.
    Coñeceron tamén as medidas que aplica a empresa para evitar a polución que poderían ocasinar as súas actividades.

    En Reganosa coñeceron as actividades da empresa relacionadas coa regasificación do gas natural. Explicáronlles a orixe e aplicacións dese gas, como chegan os barcos á planta, como se amarran e descargan. Viron os puntos de amarre dos barcos, as tuberias que levan o gas, os depósitos e as instalacións para regasificar o gas licuado antes de ser distribuído. Coñeceron tamén as medidas de seguridade para previr posibles accidentes.

 

Sonoro empeño

 

 O pasado luns 18 de decembro, o alumnado de 2º de ESO, acompañado polos seus profesores Julia de Partearroyo e Daniel Iglesias, visitaron a exposición «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación» na sede de Afundación de Ferrol.

    Alí puideron observar as relacións entre a música e as artes plásticas e aprenderon as conexións experimentando de seu o intercambio de sensacións.

“Robot Dance”, un proxecto europeo de robótica e de intercambio de experiencias

   

    O Diario de Ferrol publica un artigo sobre o proxecto europeo no que participa o noso centro, Robot dance.
    Un dos obxectivos deste proxecto é intercambiar experiencias educativas con centros de Finlandia e Gales, para elo terán lugar reunións e eventos nos países participantes para os responsables da administración educativa, o profesorado e o alumnado.
    O proxecto rematará no ano 2020 co deseño e elaboración dun baile realizado por un robot Lego. Os robots deberán facer o mesmo baile, á vez nos diferentes países.

                   Podes visitar o artigo aquí.

Visita a ancianos dos voluntarios da biblioteca

   

    Onte tivemos unha preciosa experiencia visitando aos nosos maiores dentro do programa de "Bibliotecas Escolares Solidarias" no que o noso voluntariado da biblioteca participa nunha experiencia de Aprendizaxe-Servizo. Comezamos unha colaboración coa Residencia de Maiores Geriatros de Ferrol. Estarédesvos preguntando que é isto de Aprendizaxe-Servizo.

     É unha modalidade de aprendizaxe no que o alumnado identifica na súa contorna unha necesidade ou situación en cuxa mellora se compromete, desenvolvendo un proxecto solidario no que pon en xogo coñecementos, habilidades, actitudes e valores.

Roma no Club de Lectura

 

    Na última sesión do Club de Lectura amenizamos a presentación da novela "El chico de la Flecha" de Espido Freire cunha celebración dunha festa romana.

    Decoramos a biblioteca con ambientación da época. Tivemos unha mesa adicada a Roma e outra ao mundo castrexo. Os rapaces disfrazáronse de personaxes. Houbo un lexionario, un mozo romano, varias damas patricias e outras castrexas.

    A continuación, xa tivo lugar a sesión da forma ordinaria. Ademáis de fomentar o gusto pola lectura queremos axudar a profundizar nos coñecementos da forma de vida de cada unha das etapas da historia

Felicitación de nadal

   

   Rematou o 2017 cunha gymkhana, na que participaron os alumnos da ESO, guiados por voluntarios de 1° bacharelato.

   Rematou coa árbore chea de bos desexos dos alumnos. En cada folla, un bo desexo.

   A comunidade educativa do IES Sofía Casanova quere felicitarvos un ano máis.

                                    Bo Nadal e Feliz Ano 2018!

Club de ciencia

 

 

    Os alumnos do club de ciencia, visitaron a Estación de Tratamento de Auga Potable, situada en Catabois.
    Alí, Socorro Lueiro González, responsable do Laboratorio de Control de Calidade, amosounos os procesos de tratamento da auga dende a súa orixe na Natureza ata o seu consumo. Tamén visitamos o laboratorio onde se fan as análises físico-químicas da auga e a sala de control do proceso.
    Queremos agradecerlle a Socorro as súas explicacións e amabilidade. E grazas tamén a Emafesa por invitarnos a visitar as súas instalacións.

Distribuir contido


by Dr. Radut