Skip to Content

Procedemento de admisión de alumnado para o curso 2018-2019. Prazas vacantes

       

    Relación de prazas vacantes para o vindeiro curso 2018-2019:

ESO:

           1º Curso:   15 prazas.

           2º Curso:    3 prazas.

           3º Curso:   14 prazas.

           4º Curso:   12 prazas.

BACHARELATO:

           1º Curso:  57 prazas.

           2º Curso:  17 prazas.

Premio aos valores FLL

 

    O pasado Sábado día 17 de Febreiro, no Auditorio de Ferrol, os rapaces do club de ciencia do noso centro participaron na First Lego League Galicia (FLL), recibindo o premio aos valores. Foron dez os rapaces que representaron ao noso club de ciencia, que durante estes meses estivo traballando con moita ilusión para participar no concurso.
    Tanto a prensa como a Televisión de Galicia fixéronse eco do noso paso pola FLL. 
    Foi unha mañá moi longa, con moitos nervios e tensión. Pero antes de que deran os premios, para nós xa érades gañadores.

               Noraboa rapaces!

Celebración do entroido 2018

   

     O día 9 de febreiro rematouse a semana coa celebración do entroido. Os alumnos da ESO puideron participar en 8 talleres: Baile, Ciencia, Música, Xogos populares, Xogos de mesa, Adiviñanzas en inglés, Karaoke en inglés e Tecnoloxía. Paralelamente, no salón de actos tivo lugar o festival de entroido, no que actuaron fóra de concurso Aarón Paredes, Miguel Rojas, e un grupo de hip hop formado por Lucas Silvar, Elisa Morgade, Laura García, Natalia Lagunas, Adrián Mayobre, Fátima Pérez e Andrea Rojas. Entre as actuacións de baile, 5 comparsas: O carnaval (1ºESO), Un monstro vén vernos (1ºESO), Cámbiame (3ºESO), Firts Dates (3ºESO) e High School Musical (4ºESO).

  Fotos festival                Fotos obradoiro

Charla sobre a muller na ciencia: as neurocientíficas.

        O martes, 6 de febreiro, para conmemorar o día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, estiveron cos alumnos de 4º ESO e 1º bacharelato dúas neurocientíficas, Sandra Prieto Soler e Lola Rueda. Sandra Prieto, do grupo NEUROCOM (neurociencia e control motor) da Universidade da Coruña, investiga actualmente os efectos da neuromodulación mediante técnicas non invasivas e a súa aplicación ao estudo do sistema visual en primates non humanos; Sandra centrou a súa exposición no sistema visual e presentou imaxes que ían mostrando como a mente pode, ás veces, engarnarnos. Lola Rueda, da área de neourofisioloxía do CINBIO (Centro de Investigacións Biomédicas) da Universidade de Vigo, que investiga na actualidade a excitabilidade neuronal do sistema nervioso mediante técnicas electrofisiolóxicas, centrou a súa exposición na memoria: explicou que é, onde a temos aloxada e como pode verse afectada.

Os alumnos de 3º ESO interpretan "Lascia ch'io pianga"

 

        Os alumnos de 3º ESO están a estudar o Barroco. Tras ver na clase a película "Farinelli", adicada a un famoso castratti deste período, interpretaron cos instrumentos de percusión determinada da aula de música, ademáis de con frauta, a famosa aria Lascia ch'io pianga, da ópera "Rinaldo" de Haendel, estreada en febrerio do 1711.

Actividades de formación en línguas estranxeiras

        Publicación da Orde do 22 de xaneiro de 2018, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva, xúntase cartel informativo desta convocatoria.

Riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso das redes sociais

 

 

    O martes, 6 de febreiro, Javier Seijas, membro da Policía Nacional, explicou aos alumnos de 1º ESO os riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxía e ao uso das redes sociais.
    Insistiu na necesidade de xestionar adecuadamente a privacidade, para tratar logo cuestións relacionadas cos contrasinais, os antivirus, os troianos, a suposta "gratuidade" de determinados produtos, o perigo de agregar descoñecidos, a suplantación de identidade, a responsabilidade penal, etc.
    Rematou explicando como debían ser as respostas dos usuarios ante calquera incidente.

Viaxe á neve do alumnado de 3º de ESO

   

     Entre os días 24 e 26 de febreiro, un grupo de alumnos de 3º ESO, acompañados polos seus profesores de Cultura Clásica e Educación Física, visitaron as Médulas e Leitariegos.

    O primeiro día estiveron nas Médulas, onde realizaron un percorrido guiado. Entraron na Galería de Orellán e visitaron o Centro de Interpretación. Xa no albergue de Villablino, o segundo día subiron a esquiar á estación de Leitariegos.

    Ver fotografías.

Distribuir contido


by Dr. Radut