Skip to Content

Visita á Sociedade Galega de Historia Natural

   

    O departamento de Bioloxía organizou unha visita guiada para os alumnos de 1º da ESO a SGHN .

    Nela poideron disfrutar das mostras de grande interés biolóxico que ten o museo como por exemplo o tiburón duende, o esqueleto dunha balea de 18 m , as barabas da mesma, unha mandíbula de cachalote, tartarugas mariñas e importantes coleccións de cunchas galegas e dos mares do sur entre outros.

Charla formativa sobre a Armada Española

   

    O sarxento primeiro Roberto Longueira Solano acudiu ao instituto para informar ao alumnado de 4º da ESO sobre a estrutura e funcionamento da Armada Española, e sobre os requisitos de acceso aos corpos e escalas que a conforman.

    A charla tivo unha duración dunha hora e celebrouse no salón de actos do noso instituto. Ao final da charla o alumnado tivo ocasión de plantexar as súas dúbidas.

Visita ó Campus de Ferrol

   

    " O Venres, día 13 de Abril, o alumnado de 4º curso da ESO (72 alumn@s) do IES "Sofía Casanova" participou na actividade de "Percorrido Xeral polo Campus de Ferrol", organizada polo SAPE e coordinada por Carmen Lorenzo, Xefa de Negociado de Acceso e atención ao estudante do Campus de Ferrol, e coa cal tivemos a oportunidade de coñecer parte do seu patrimonio histórico e arquitectónico.

O percorrido, comenzou ás 9:00 horas no Edificio do Salón de actos, onde Carmen fixo unha presentación do SAPE e iniciamos cunha foto de grupo unha grata xornada de excursión polo Campus, que parte da Escola Politécnica Superior, continúa coa visita á Facultade de Humanidades e Documentación, Escola Universitaria de Deseño Industrial e Facultade de Enfermaría e Podoloxía.

Viaxe de fin de estudos a Madrid

   

    Os alumnos de 2º de Bacharelato do Centro, acompañados por cinco profesores de diferentes materias, acudimos entre os días 4 e 7 deste mes a Madrid.

    Alí visitamos o "Museo del Prado" onde fixemos un percorrido polas obras máis significativas da colección; "CaixaForum", para ver a exposición adicada a Warhol; o "Congreso dos deputados", como poidedes ver nas fotos; o "Centro de Astrobioloxía", para descubrir o traballo interdisciplinar que se realiza cos datos enviados polos robots Curiosity e Opportunity desde Marte.

    Tamén realizamos rutas para coñecer os fitos arquitectónicos contemporáneos máis salientables da cidade e mesmo da comunidade, como a igrexa e convento dos Dominicos de Fisac en Alcobendas  e aínda tivemos tempo para asistir ao Teatro Español  na praza de Santa Ana para ver unha obra protagonizada por Carmen Machi.

    Como podedes ver foi unha viaxe cargada de actividades que disfrutamos moito e serviunos para coller forzas antes de enfrontarse á fin do curso.

Información sobre as ABAU

   

     Carmen Lorenzo, Xefa de Negociado de Acceso e atención ao estudante do Campus de Ferrol, veu ao IES Sofía Casanova para explicar ao alumnado de 2º curso de bacharelato o sistema de acceso á universidade.

    Comentou co alumnado as dúbidas e entregou un pequeno dossier con información relevante.

Un alumno do Sofía destaca na Olimpiada Química Galega


 
 

     O alumno deste centro, Roberto Losada García, figura entre os mellores alumnos e alumnas dos centros de bacharelato de Galicia que participaron nas probas da XXXV Olimpíada Galega de Química 2018, acadando o sexto posto no distrito universitario de A Coruña.

    O Diario de Ferrol , La Voz de Galicia   e   GaliciaÁrtabra   fanse eco do seu éxito.

    Parabéns Roberto!

 

Concerto

   

    O pasado martes 3 de abril, alumnos de 1º, 2º e 3º ESO, asistiron no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, a un concerto didáctico: "O ritmo e a palabra".

    A percusión foi o instrumento protagonista do concerto didáctico que ofreceou o percusionista da Real Filharmonía de Galicia José V. Faus, alumnos da Escola de Altos Estudios Musicais, e o compositor e narrador Fernando Buíde

       Programa  e  Vídeos                                          Fotos    

A mocidade coa lingua

 

     O xoves 5 de Abril, alumnos de 1º de Bacharelato, asistiron á "A mocidade coa lingua", acompañados por dúas profesoras dos departamentos de Lingua Galega e Música.

    O festival, organizado pola Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, cumpriu 26 anos, e nel participaron centros de toda a comarca, ademáis do grupo profesional A banda da loba.

              Fotos                  Vídeos

 
Distribuir contido


by Dr. Radut