Skip to Content

Gala do Deporte Ferrolán

 

   Na Gala do Deporte Ferrolán, celebrada o 25 de abril no auditorio de Ferrol foron recoñecidos como mellores deportistas do ano 2017 tres alumnos deste centro.

   Clara López Hermida , do Club Natación Ferrol, foi a mellor deportista de natación, Diego Pernas García, mellor baloncestista e Lucas Sanmartín García, mellor remeiro.

   Parabéns ós premiados!

Fálame da emigración

   

  O xoves 3 de maio os estudantes de 2º da ESO tiveron a segunda sesión de traballo dentro do proxecto “Fálame da emigración” organizado por Afundación. Nesta segunda sesión os alumnos poideron explicar aos voluntarios deste programa as súas investigacións realizadas sobre as súas familias o que serviu para coñecer e analizar o fenómeno das migracións contemporáneas contando con casos reais e próximos.

    Neste enlace podedes acceder á presentación inicial do proxecto que inclúe os códigos qr que enlazan cos traballos presentados polos estudantes. Na web de Afundación podedes tamén acceder ás fotos da primeira sesión e no Diario de Ferrol aparece recollida a realización desta actividade.

Probas de Avaliación do Bacharelato e Acceso á Universidade. ABAU xuño 2018

m                    
a luns martes mércores xoves venres sábado domingo      
i 21 22 23 24 25 26 27      Matrícula no centro en pdf.
o 28 29 30 31 1 2 3

x

 

 

  4 5
6 7 8 9 10

u

   Todo, en pdf
  11 12 13 14 15 16 17

ñ

   
  18 19 20 21 22 23 24

o

   
  25 26 27 28 29
30  1       
xullo 2 3 4 5 6 7 8      

Correspondentes no Sofía

   

    Os "correspondentes" son un grupo de alumnos do instituto que forman parte de Correspondentes Xuvenís 3.0, un programa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que pretende achegar á mocidade información do seu interese.
    Os correspondentes seleccionan a información, organízana e difúndena a través dun taboleiro, de boletíns informativos e das redes sociais.

    O 17 de maio conmemórase o Día das Letras Galegas e o Día da Sociedade da Información e das Telecomunicacións. Os correspondentes do Sofía danse a coñecer agora con este vídeo-presentación , cun taboleiro  e cun boletín informativo . Tamén podedes encontralos na súa conta de Instagram.

Celebración do día do libro

   

    O alumnado da ESO celebrou, un ano máis, a conmemoración do día do libro o 23 de abril no salón de actos do Centro.
    Guiado polas súas profesoras e profesores de Lingua Castelá e Literatura, o alumnado de todos os cursos da secundaria recitou poemas de autores senlleiros das nosas literaturas, tales como Mario Benedetti, Rosalía de Castro, José Pesoa, Juan Ramón Jiménez, Nicanor Parra ou Gustavo Adolfo Bécquer, entre outros.
    Durante toda a semana continuarán as actividades, das que podemos salientar a que realizará o alumnado do 1º ciclo, consistente nunha "gymkhana" que consistirá en adiviñar os autores dos poemas que ilustran as portas de todas aulas do noso IES.

    Feliz día do libro!                                                  Vídeo e imaxes

Listaxes de alumnado admitido para o curso 2018-2019

   

    Nos arquivos adxuntos poden consultarse as listaxes de alumnos admitidos neste centro para cursar ESO e para cursar Bacharelato no vindeiro curso 2018-2019.

     Segundo o artigo 18 do decreto 254/2012 (DOG Nº 245 do 26 de decembro) e o artigo 30 da Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo de 2013), contra esta resolución poderase presentar reclamación ante o Consello Escolar do centro, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

Premios poesía e imaxe "en galego, sen filtro" 2018

   

   Entre os premiados nesta edición, figuran os alumnos de EPV Aldryn Rodríguez Guzmán (2º ESO) e Patricia Prego Dacuña (1º bacharelato).

    A imaxe creada por Aldryn parte dun poema en lingua bielorrusa; a de Patricia, dun poema en lingua galega.

Ánxela Loureiro presenta "Choiva de ras"

 

    Ánxela Loureiro, que foi profesora deste centro, presenta esta tarde na Feira do Libro de Ferrol Choiva de ras.

    Con ilustracións de Xosé Tomás e editado por Xerais, trátase dun libro para nenos, con humor, misterio e amor que destaca a importancia do respecto ó diferente.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut