Durante os recreos, o alumnado do IES Sofía Casanova realiza actividades deportivas que fomentan unha vida saudable nun ambiente de convivencia. Desde a experimentación lúdica aos torneos deportivos (torneos de bádminton, fútbol e voleibol), o alumnado ten a opción de practicar deportes de raqueta, bádminton, fútbol, voleibol, actividades con patíns, deseño de coreografías de HIP HOP, floorball, ritmos latinos… Os recreos activos son o eixo principal do Proxecto Deportivo de Centro. |