You are hereINSTALACIÓN ARTÍSTICA NA FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA: NAMORANDO DE FERROL
INSTALACIÓN ARTÍSTICA NA FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA: NAMORANDO DE FERROL
O proxecto Namorando de Ferrol vai vento en popa, e nunca mellor dito, porque a instalación artística formada en parte polos centos de barquiños construídos no estaleiro Saturnino Montojo está sendo todo un éxito. Oxalá sexa unha premonición e axiña os estaleiros da nosa vila se enchan de pedidos, e os barquiños xa non sexan de papel. Tamén podedes seguir a noticia no Diario de Ferrol dixital.
O Departamento de Dinamización felicita a Montse, a Alberto, a Fran , ao equipo directivo e a todos os rapaces que coa súa contribución fixeron posible esta actividade.