You are hereCORRESPONDENTES XUVENÍS. INFORMACIÓN 8.

CORRESPONDENTES XUVENÍS. INFORMACIÓN 8.


Concurso de fotografía en Instagram

O concurso está aberto a todo o alumnado e profesorado de Secundaria, Bacharelato e FP dos centros educativos de toda España.
As fotografías deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada coa temática referencia desta edición: Economía Circular.

O prazo de presentación das fotografías estará aberto ata o 18 de abril de 2022.

Condicións:
- O número máximo de fotografías por persoa que se poderán presentar será de 3.
- As fotografías presentaranse en branco e negro ou color.
- Os participantes deberán ser os/as autores/as das obras presentadas.
- Deberán de presentarse a través da rede social Instagram etiquetando a Galiciencia a través do hashtag (etiqueta) #concursogalicienciaonline2022

Todos os participantes que desexen tomar parte neste concurso deberán:
1. Seguir o Instagram de Galiciencia.
2. Subir as súas fotografías a través da rede social Instagram etiquetando a Galiciencia co hashtag (etiqueta) #concursogalicienciaonline2022
3. Poñer un título á fotografía e o centro educativo ao que pertencen.

Premio: Diploma e un obsequio para o ganador/a do concurso.

https://galiciencia.com/edicion-2022/ 

Concurso de deseño da camiseta de Galiciencia 2022

Galiciencia busca camiseta oficial!!

O concurso está aberto a todo o alumnado de primaria dos centros educativos de Galicia.
Os deseños deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada coa temática referencia desta edición: Economía Circular.

Condicións:
Poderase presentar un máximo de dous deseños por persoa.
- Os deseños poden ser presentados por unha única persoa ou por grupos de varias. Neste último caso, deberá constar o nome dunha persoa como titular do deseño.
- Os deseños deberán ser orixinais e inéditos e non ter sido premiados en ningún outro concurso. Os participantes deberán ser os/as autores/as das obras presentadas.
- Os deseños deberán presentarse nun folio tamaño A4, e o deseño presentado non poderá ser inferior a un A5 de superficie, é dicir, que dentro do folio A4 non se faga un debuxo que ocupe menos da metade do dito folio (A5).
- O formato poderá ser horizontal ou vertical.
- O deseño deberá realizarse sobre fondo branco.

O prazo de presentación dos deseños estará aberto ata o 25 de marzo de 2022.

Todos os participantes que desexen formar parte deste concurso deberán enviar un mail cos deseños escaneados ao seguinte enderezo: galiciencia@tecnopole.gal

Premio:
O/a autor/a do deseño ganador recibirá como premio: camisetas para toda a súa clase de primaria incluídas camisetas para dous docentes e dous familiares. Ademais estas camisetas serán distribuídas entre o persoal da organización de Galiciencia e os expositores de proxectos.

https://galiciencia.com/edicion-2022/