You are hereACTIVIDADES NO CENTRO

ACTIVIDADES NO CENTRO


PREMIOS ACADADOS NO VIII CERTAME LITERARIO CARMELA LOUREIRO

Organizado polo Concello de Ferrol e a Coordenadora de Equipos de Normalización Lingüística de Ferrolterra:

-Na modalidade de micropoesía , categoría B, o poema de Bruno Leiro Rivas, Soñar, acadou o 1º premio.

- Na modalidade de microrrelatos, categoría B, o texto de Gabriel Fernando Medina Rivera, O monte, acadou un Accésit.

- Na modalidade de microrrelatos, categoría C, o texto de Irene González Couce, Outra vida, acadou o 1º premio.

- Na modalidade de microrrelatos, categoría D, o texto de Mateo González Álvarez, Os soños asolagados, acadou o 1º premio.

- Na modalidade de microrrelatos, categoría D, o texto de Mercedes Grandal Cardona, Quen o diría?, acadou un Accésit

MERCADILLO SOLIDARIO: 8 de xuño

Recadación: 661€ para:

  • UNICEF
  • SAVE THE CHILDREN
  • ASOCIACIÓN CONTRA O CANCRO

 

DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO

O 5 de maio celebramos o Día Internacional do pobo xitano (8 de abril) no salón de actos cun festival realizado por alumnado de 2º e 3º de ESO coordinados pola profesora de Música, Julia Dopico. 

 

No seguinte video pódese ver a implicación dos estudantes para conseguir que o festival saira adiante.

 

BADALADAS NO IES SATURNINO MONTOJO

CONCURSO DE IMAXES GRÁFICAS E PEZAS AUDIOVISUAIS CO GALLO DO 25 N. 

Paula Cabezas de 1º de Video Dj, acadou o 1º premio do certame 

 

 

QUÉROME VIVA, QUÉROTE LIBRE.

Un video gravado polos alumnos do ciclo video DJ e protagonizado por varios alumnos e alumnas de ESO y 1º BAC, correspondentes, polo día contra a violencia de xénero, 25N.

 O CHIP DE CONTROL

Un video gravado e protagonizado polos alumnos do ciclo video DJ, con guíon do Dpto de Lingua Castelá e Lingua Galega, polo día contra a violencia de xénero, 25N.

 

 

OBRADOIRO PARA A CONCIENCIACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO

O xoves 25 de novembro celebrouse na bibioteca do noso centro un obradoiro para a concienciación sobre a violencia de xénero, impartido por alumnas do grao de enfermería, unha delas exalumna nosa do curso pasado, e dirixida ao noso alumnado de 1º BAC. De seguido tivemos un faladoiro cos correspondes xuvenís de BAC e ESO e alumnado de 1º ESO.

       

 

 

 

 

Etiquetas