You are hereXXIV Concurso de Poesía Concello de Carral
XXIV Concurso de Poesía Concello de Carral
O Concello de Carral, coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, convoca a 24ª edición do Concurso de Poesía Concello de Carral.
Poderán optar ao premio todos os autores/as maiores de idade e de calquera nacionalidade, sempre que o seu traballo se presente escrito en lingua galega.
Haberá un premio único de 2.500 €.
Os traballos, cunha extensión mínima de 500 versos, serán orixinais, inéditos e non premiados noutros concursos no momento das deliberacións do xurado.
Existen dúas opcións para a presentación dos traballos:
- En papel por triplicado, mecanografado con dobre espazo por unha soa cara, debidamente grampado ou encadernado, e coas páxinas numeradas. Cada copia dos traballos presentarase cunha portada na que figuren o título da obra e o lema ou alcume do autor/a.
- En arquivo pdf gravado nun compact disc ou pen drive, co texto mecanografado con dobre espazo, as páxinas numeradas e cunha portada na que figuren o título da obra e o lema ou alcume do autor/a.
En ambos os casos, acompañarase a obra dun sobre pechado (plica) no que figure no seu exterior o mesmo título e lema indicados na portada da obra, e conterá no interior o nome e apelidos do autor/a, DNI, enderezo, número de teléfono, correo electrónico e un breve currículo que incida na súa traxectoria literaria se a houbese.
As obras presentaranse na Casa da Cultura, Rúa de Paleo, 17, 15175 Carral, A Coruña
O prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 31 de marzo de 2021.
Máis información: http://www.carral.es/blog/convocada-a-24a-edicion-do-certame-de-poesia-concello-de-carral/
Casa da cultura de Carral, teléfono 981 672 580.
cultura@carral.es