You are herePremios Buero de Teatro Novo: teatro, monólogos e audio-teatro

Premios Buero de Teatro Novo: teatro, monólogos e audio-teatro


A Fundación Coca-Cola convoca os Premios Buero de Teatro Novo. Un concurso nacional no que cada ano participan máis 350 grupos de teatro e preto de 7.000 mozos e mozas entre 14 e 21 anos de todo o país.

Modalidades

1. Espectáculo Teatral
Modalidade habitual dos Premios  Buero” de Teatro Novo.
Gravación audiovisual da representación dunha obra de teatro con todos os seus compoñentes de interpretación e posta en escena. Considérase, excepcionalmente, a posibilidade de mesturar imaxes de representación presencial con representación on-line e valorarase a menor edición de vídeo posible.

Podedes concursar cunha obra de teatro que cumpra os seguintes requisitos:
Idioma:  Interpretada en calquera das linguas oficiais do Estado.
Duración:  que dure entre 30 e 120 minutos.
Tema:  liberdade de tema, xénero e forma. A proposta deberá ser claramente teatral, aínda que poderá integrar outras artes escénicas.
Texto:  libre elección. Especial valor: creacións propias ou de autores españois contemporáneos.
O teu grupo de teatro debe ter estas características:
Integrantes:  máximo de 28 integrantes na categoría escolar e máximo de 20 integrantes na categoría non escolar
Idades:  entre os 14 e os 21 anos (desde o 1 de novembro de 2020 ata o 6 de xullo de 2021)
Categorías:  Inscríbete nunha destas dúas categorías:
- Categoría escolar: centros de ensino con mocidade en 2º de ESO, Bacharelato ou FP.
- Categoría non escolar: escolas, asociacións culturais, compañías afeccionadas, etc.
Prazo de inscrición:  antes das 23 horas do luns 26 de abril de 2021


2. Monólogos
Gravación audiovisual nunha soa toma, da representación dun monólogo con todos os compoñentes de interpretación e posta en escena.

Participarán todos os proxectos presentados nunha categoría e circunscrición única, e admitindo en igualdade de condicións a interpretación en calquera das linguas oficiais do Estado.
Podedes concursar cun monólogo teatral que cumpra os seguintes requisitos:
- Lingua:  poderá ser representado en calquera das linguas oficiais do Estado.
- Duración:  entre 05 e 15 minutos -exceptuando presentación/créditos- e gravación nunha toma.
- Xénero e forma:  con liberdade de tema, xénero e forma. A proposta deberá ser claramente teatral, aínda que poderá integrar outras artes escénicas.
- Texto:  poderase elixir libremente o texto. Con especial valor creacións propias, de autores españois contemporáneos e de temática de interese xuvenil.
Requisitos dos grupos/intérpretes
- Integrantes:  un único intérprete adscrito a un centro a través do cal participa. Os mozos con discapacidades poden contar co seu coordinador ou outro mozo na escena.
- Idades:  entre os 14 e os 21 anos (desde o 1 de novembro de 2020 ata o 6 de xullo de 2021)
Prazo de inscrición:  antes das 23 horas do luns 26 de abril de 2021

3. Audio Teatro
Podedes concursar cun audio-teatro que cumpra os seguintes requisitos:
- Lingua:  poderá ser representado en calquera das linguas oficiais do Estado.
- Duración:  deberá estar comprendido entre os 30 e 50 minutos.
- Xénero e forma:  pode presentarse con liberdade de tema, xénero e forma. A proposta deberá ser claramente teatral, aínda que poderá integrar de forma complementaria outras artes escénicas como o música
- Texto:  Poderase elixir libremente o texto. Con especial valor a montaxes que partan de textos de creación propia ou de autores españois contemporáneos.
O teu grupo de teatro debe ter estas características:
- Integrantes:  un máximo de 6 integrantes. E poderá sumar ata 2 responsables do grupo que serán quen inscriba e representen ao grupo.
- Idades:  cursando 2º, 3º, 4º da ESO, Bacharelato ou grao de Formación Profesional, e ter cumpridos 14 anos e non superar 21 anos (desde o 1 de novembro de 2020 ata o 6 de xullo de 2021)

https://www.fundacioncocacola.com/premios-buero