You are hereRELATORIO ONG MANS UNIDAS: “Valores do voluntariado”

RELATORIO ONG MANS UNIDAS: “Valores do voluntariado”


O mércores, 9 de xaneiro, a presidenta de Mans Unidas en Ferrol, Mª de los Ángeles Casado, e a vicepresidenta, Remedios Rey, deron unha charla para o alumnado de Voluntariado de Biblioteca Escolar de 2º de BAC.

Na sesión explicouse ao alumnado que é ser voluntario. Reflexionouse sobre a importancia da sensibilización social, que pasa pola detección dos problemas e a busca de solucións.

Tamén se salientou que para desenvolver programas de axuda é preciso conseguir financiación a través de entidades públicas e privadas.

As actuacións no caso de emerxencias e catástrofes precisan do deseño de proxectos específicos para cada caso.

O alumnado recibiu información sobre actuacións concretas en países subdesenvolvidos de Hispanoamérica, posto que a organización leva a cabo proxectos que teñen como obxectivo mellorar as condicións de vida das persoas nos países menos favorecidos.

Actualmente se está desenvolvendo un proxecto en Mieze (Mozambique) no que se construirá unha escola infantil, que permitirá o acceso á educación de máis de cento cincuenta nenos.