You are hereO GALEGO A MIÑA LINGUA PROPIA: MÚSICAS GALEGAS ILUSTRADAS
O GALEGO A MIÑA LINGUA PROPIA: MÚSICAS GALEGAS ILUSTRADAS
O pasado 19 de outubro, tivo lugar a participación no proxecto da Deputación da Coruña 'O galego, a miña lingua propia' . Esta actividade pretende poñer en valor que temos un idioma propio; tamén busca reafirmar o uso da lingua en mozos e mozas que a usan só nalgúns contextos, fomentando unha actitude positiva dos e das adolescentes fronte á lingua.
Ademais a actividade MÚSICAS GALEGAS ILUSTRADAS , dá visibilidade á muller na nosa cultura. Coa axuda de imaxe e audio, Laura Romero presentou dende mulleres pioneiras coma Áurea Rodríguez, a primeira gaiteira galega documentada, ata músicas actuais coma Sés.
Tamén falou das mulleres que participaron no rock bravú, un estilo único galego pero moi masculinizado, igual que foi o caso da Movida Viguesa. E por suposto tamén se referiu ás músicas que cantan en galego hoxe en día e que recuperan a música tradicional e o folk na música actual.