You are hereRecitado Poético Carvalho Calero
Recitado Poético Carvalho Calero
O xoves, día 27 de outubro, os alumnos de 2º de ESO acudiron ao Centro Cultural Carvalho Calero para participar no tradicional recitado poético Carvalho Calero, xunto con alumnos e alumnas doutros institutos de Ferrol .
Ángel, Artai, Ariadna, Brais, Candela, Iago, Laura, María, Pablo, Paula, Roberto, Sabela e Xavier recitaron fermosos poemas relacionados co noso Proxecto Camiños, acompañados con música de frauta traveseira, saxo e guitarra, que eles mesmos interpretaron, e con suxerentes imaxes alusivas aos poemas. O resultado foi emocionante e a experiencia, estupenda.