You are hereACTIVIDADE SOBRE A CONTRIBUCIÓN FEMININA Á NOVELA MODERNA

ACTIVIDADE SOBRE A CONTRIBUCIÓN FEMININA Á NOVELA MODERNA


No marco do programa DONAS DE SI, desenvolveuse no noso instituto a actividade “A contribución feminina á creación da novela moderna. Virxinia Woolf: Un cuarto propio”.
Alumnos e alumnas de 1º de BACH fixeron unha magnífica presentación dirixida a un grupo de 3º de ESO. Entre todos reflexionaron sobre a exclusión das mulleres do mundo da literatura ata case o século XX e as causas que provocaron esta situación. Preme no link para ver a presentación.

Etiquetas