O alumnado con esta materia pendente poderá recuperala seguindo un plan de reforzo ao que o alumnado terá acceso, preferiblemente, a través da aula virtual do centro. Tendo en conta as necesidades do alumnado, os materiais dixitais poden ser complementados cun caderno de actividades en formato físico.
O profesorado poderá realizar un seguimento continuo do plan e do alumnado a través da aula virtual, ou mediante reunións presenciais convocando ó alumnado a través da aula virtual e especialmente a través dos titores que poden servir de estímulo para non abandonar estas materias que non se cursan.
A avaliación levarase a cabo nas datas indicadas e feitas públicas desde o centro, a través de entregas de unha proba teórico-práctica e de traballos que serán recollidos de xeito físico o día do exame. É importante que se cumpran as instrucións dadas polo profesorado en canto a formato (caderno, carpeta, traballos soltos, dixital...) técnicas, materiais, etc., e que sexan entregados nas datas indicadas, xa que iso será tido en conta á hora da consecución dos indicadores de logro.
O caderno de traballos terá un peso porcentual do 20%.
A proba teórico-práctica terá un peso porcentual do 80%
A nota final consistirá na media das 3 entregas ou avaliacións, segundo un peso en evolución crecente, que permitirá ao alumnado unha progresividade na adquisición das competencias requiridas para superar a materia:
- 1ª entrega: 30%
- 2ª entrega: 30%
- 3ª entrega: 40%
PROBA FINAL:
De non superar a materia a través das entregas periódicas, o alumnado poderá presentarse a unha proba final, que consistirá nunha proba teórico-práctica.