CUALIFICACIÓN POR AVALIACIÓN:
O grao de consecución dos criterios de avaliación das distintas unidades da materia establecerase do seguinte xeito:
a) Mediante entregas de traballos teóricos e prácticos, dos que o alumnado coñecerá os indicadores de logro. A nota deste apartado será a media aritmética de todos os traballos. A nota será menor de entregarse a tarefa fóra de prazo, no se recollerán os traballos presentados fora das datas indicadas. Peso porcentual na nota de cada avaliación: 60%
b) A través de probas teórico-prácticas, nas unidades didácticas que así o requiran. Peso porcentual na nota de cada avaliación: 40%
É importante recalcar que para aprobar as avaliacións é necesario entregar todos os traballos nas datas sinaladas, por tanto aqueles alumnos que lles falte algún traballo terán a avaliación suspensa.
É importante que se cumpran as instrucións dadas polo profesorado en canto a formato, técnicas, materiais, etc., e que os traballos sexan entregados nas datas indicadas, xa que iso será tido en conta na avaliación. O traballo debe facerse na aula aínda que podan rematar certas actividades na casa.
Os indicadores de logro corresponderanse cos criterios de avaliación e se poden aplicar en forma de rúbricas, listas de cotexo, escalas de valoración, ou outros instrumentos. Un exemplo dalgúns que se poden empregar na meirande parte das unidades didácticas sería o seguinte:
- Aplica correctamente as técnicas empregadas en función da mensaxe proposta, manexando os materiais e instrumentos necesarios de forma axeitada.
- Aplica correctamente os elementos formais (composición, cor, textura, forma...).
- É quen de expresar con corrección os conceptos e utilizar a terminoloxía sobre os que se traballa e o proceso seguido na realización da práctica.
- Acaba e presenta correctamente o traballo, tendo en conta a limpeza, claridade e orde.
- Adecúase ás instrucións e condicións postas polo profesor e sigue un proceso de traballo correcto.
- Nos traballos realizados en grupo, leva a cabo as tarefas asignadas e a súa participación é respectuosa e colaborativa.
CUALIFICACIÓN FINAL:
A nota final consistirá nunha media ponderada das tres avaliacións.
Peso de cada avaliación na ponderación final:
- 1ª avaliación: 40%
- 2ª avaliación: 30%
- 3ª avaliación: 30%
RECUPERACIÓN AO LONGO DO CURSO:
O ideal para que o alumnado poida ir superando as dificultades en canto son detectadas, é que reincida sobre os obxectivos non acadados, por medio da reelaboración de traballos. Así, para poder recuperar as notas das avaliacións non superadas, o alumnado poderá repetir os traballos con notas inferiores a 5 e os non entregados. Para o cálculo da media, a nota dos traballos repetidos sustituirá a dos anteriores.
Ditas entregas faranse de xeito periódico, en cada trimestre, nas datas indicadas polo profesorado.
RECUPERACIÓN FINAL:
O alumnado que non supere a materia unha vez avaliados os tres períodos citados, pode presentarse a unha avaliación final que consistitá en:
a) Proba teórico-práctica. Peso porcentual na nota: 100%
Durante o tempo de preparación co que conta o alumnado desde que remata a 3ª avaliación ata a final, farase un percorrido polos contidos teóricos que se avaliarán. Solventaranse as dúbidas principais que demande o alumnado e farase fincapé no que deben insistir para superar a materia.
Os alumnos aprobados durante o curso poden mellorar a súa cualificación final realizando estes mesmos traballos, ou outros diferentes, neste período de tempo.