Skip to Content

Creatividade 2.0

A estas alturas podía ter unha patente. Si, semella unha falla de modestia ou unha tolería. Penso que a todos nos pasa polo miolo algunha idea que logo deixamos por estravagante, ou porque pensamos que non ten sentido, que alguén xa terá pensado nelo antes ca nos ou, mais sinxelo, porque pensamos que somos máis ben pouca cousa e que o que nos ven á cachola non paga a pena. Cando era neno, constataba que ó me bañar na auga do mar, deixaba de ter conxestionada a nariz. E algunha vez dixen el alto "¿e porque non levamos auga de mar nun frasquiño para usala en calquera momento?". Cando un médico, moitos anos despois, me recomendou o mítico inhalador de "auga de mar estéril", caín na conta de que aquel pensamento do neno que fora non era nada sen sentido. A estas alturas, podía ter unha patente. Estou seguro que para ser creativo, e que se saiba, compre ter entre outras virtudes unha certa dose de desinhibición, de capacidade de loita e de afán de superación, ademáis dunha boa ración de sorte. 

Lembrei o asunto vendo este vídeo, seguro que se pechades os ollos vos vedes a vos mesmos xogando coa area na praia, aínda co cueiro, o caldeiro e o rastrillo.

 

Diego Stocco - Music From Sand from Diego Stocco on Vimeo.

 



blog | by Dr. Radut