|
IES A SARDIÑEIRA Avenida da Sardiñeira, 41-42. 15008 A Coruña; Teléfono: 881 960 150 e-mail: ies.sardineira@edu.xunta.gal |
CRITERIOS EVALUACIÓN E RECUPERACIÓN 1º BAC. DIBUJO TÉCNICO. CURSO 2024-2025
A materia cualificarase por trimestre mediante:
A - Probas escritas que suporán o 60% da cualificación total.
B - Media dos exercicios prácticos que suporán o 40% da cualificación.
En todas as probas escritas e exercicios prácticos se valorará o rigor, claridade, precisión e limpeza da representación cun 10% da cualificación.
As cualificacións finais obteranse por redondeo da cualificación obtida do xeito indicado.
No caso de ter todas as avaliacións superadas, a cualificación final obterase mediante a media aritmética das notas reais (non a das notas redondeada dos boletíns trimestrais). Unha vez realizada a media, obterase a cualificación definitiva aplicando o redondeo.
1 - Das avaliacións.
No caso de non ter superada a materia pola cualificación da proba escrita, farase unha nova proba escrita de recuperación.
Tamén se poderán re-entregar prácticas non realizadas ou ben con defectos dentro do prazo que se estableza.
Manteñense as mesmas porcentaxes de valoración indicadas nos criterios de cualificación.
2 - Recuperación de toda a materia na convocatorias ordinaria e extraordinaria.
Ao final do terceiro trimestre, no caso de non ter superada a materia, farase unha proba escrita global de toda a materia que suporá o 100% da cualificación da convocatoria ordinaria.
De no ter superada a materia na convocatoria ordinaria, o alumnado será deberá facer unha proba escrita que suporá o 100% da nota da convocatoria extraordinaria.