|
IES A SARDIÑEIRA Avenida da Sardiñeira, 41-42. 15008 A Coruña; Teléfono: 881 960 150 e-mail: ies.sardineira@edu.xunta.gal |
COVID 19 "traballo" NA CASA
Ola alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º Bacharelato.
Levamos xa un tempo na casa e parece ser que a permanencia se alonga por máis tempo.
O máis recomendable é que todos debemos estar activos, e que, sabendo que debemos facer as actividades que nos recomendan realizar en todas as asignaturas, fagamos cada día actividade física, e non só as dúas horas semanáis.
Tódolos días deberíamos facer un traballo ben estructurado, nos libros de 4º ESO e 1º Bacharelato hai unha serie de recomendacións. E en cada un dos libros contamos con anotacións que nos posibiltan estructurar ese traballo.
No día a día, recomendaríamos como actividade, o seguinte:
- TRABALLO ESTÁTICO
- Movilidade articular. Mover cada uhna das nosas articulacións, para non perdernos podedes ir desde os pés ata a cabeza. Ver os posibles movementos de cada unha delas.
- Estiramentos dos grandes grupos musculares, buscando as cadeas de movemento. Seguide o mesmo percorrido que fixéchelles na movilidade.
- Tonificar. Podedes facelo co propio peso do corpo. Abdominales (superior e inferior, oblícuos). Tronco (fondos, tríceps, … , variade día a día). Tren inferior (sentadillas, ½ sentadilla, Split, etc). Exercicios xenéricos (burpees, saltos,…), etc.
HAI TUTORIÁIS NA REDE
- TRABALLO DINÁMICO
Hai tutoriáis sobre como podemos traballar cando estamos na casa.Así cada un/unha pode elexir o que considere máis axeitado. Considero que si facemos o traballo estático e alternamos co traballo dinámico proposto desde estas páxinas, a parte de encontranos mellor pasaremos mellor o día a día.
Sei que se facedes un seguimento de cada unha das asignaturas , e sei que vos parece que engadir máis traballo por parte do Departamento de Educación Física, pode parecer que entorpecer o traballo diario. Nada máis fora de lugar, o traballo que fagades axudará a desconectar e a estar entretido por un tempo.
Móvete e desconecta!! .
Podedes bailar coas clases do PDC
(proxecto deportivo de centro)
do IES A Sardiñeira.
“Conectade dende a páxina do centro”.
Departamento de Educación Física