|
IES A SARDIÑEIRA Avenida da Sardiñeira, 41-42. 15008 A Coruña; Teléfono: 881 960 150 e-mail: ies.sardineira@edu.xunta.gal |
Eventos
Un grupo de 5 alumnos de 1º de Bacharelato participan no II Torneo de Debate Escolar da Fundación Barrié.Este grupo foi preparado polo profesorado de Lingua Castelá e Filosofía
Un grupo de 5 alumnas de 4º de ESO participan no II Torneo de Debate Escolar da Fundación Barrié.Este grupo foi preparado polo profesorado de Lingua Castelá e Filosofía
O alumnado de 4º de ESO visita as insatalacións da Voz de Galicia acompañados do profesorado de Lingua Castelá
Dentro do ciclo de Conferencias de Divulgación Científica englobadas na acción do Contrato- Programa "Mellora para a consecución da Excelencia", o grupo dinamizador da biblioteca xunto cos departamentos de Física e Química e Química de ciclos organizan esta charla "A miña casa está feita de plástico: breve introdución á mecánica dos materiais" para o noso alumnado de ciclos formativos.
Un grupo de 4 alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato asistirá a grabar un programa na radio CUAC
Neste día o Departamento de francés organiza a Chandeleur 2020.
Esta festa, moi popular en Francia, é a ocasión para reunirse, comer crêpes e organizar actividades entorno a esta tradición francesa . O departamento de francés fará diferentes actividades lingüísticas e culturais para o alumnado.
Os departamentos de francés e latín e grego organizan para este día un intercambio de cartas de amor entre alumnado de distintos niveis que estarán escritas en latín ou francés.
Dentro do ciclo de Conferencias de Divulgación Científica englobadas na acción do Contrato- Programa "Mellora para a consecución da Excelencia", o grupo dinamizador da biblioteca xunto cos departamentos de Física e Química e Química de ciclos organizan esta charla "Microorganismos e resistencia aos antibióticos " de Carmen Coronado Carvajal para o noso alumnado de ciclos formativos.
Dentro do ciclo de Conferencias de Divulgación Científica englobadas na acción do Contrato- Programa "Mellora para a consecución da Excelencia", o grupo dinamizador da biblioteca xunto cos departamentos de Física e Química e Química de ciclos organizan esta charla "Que fan os átomos cando non miramos?" para o noso alumnado de 2º de ESO.
Dentro do ciclo de Conferencias de Divulgación Científica englobadas na acción do Contrato- Programa "Mellora para a consecución da Excelencia", o grupo dinamizador da biblioteca xunto cos departamentos de Física e Química e Química de ciclos organizan esta charla "Non hai nada ... o non o ves" de Alatzne Carlosena Zubienta para o noso alumnado de 1º curso do ciclo medio e 1º curso do ciclo superior de LACC.
Neste día, a partir das 11:35 h o noso alumnado e profesorado participará nun Concurso de Disfraces.