Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Xaneiro 14, 2020

O alumnado de Filosofía e Sicoloxía de 1º e 2º de bacharelato e de 4º de ESO asistirán a unha conferencia sobre Neurociencia na biblioteca do centro

Comeza o curso de Formación de Mediadores ao que asistirán 4 profesoras e 12 alumnos e alumnas de 1º de ESO.

O horario do curso é de 15:00 a 16:15 horas e será impartido polo gabinete "Alicce. Formación para la mejora de las relaciones humanas"de Santiago de Compostela e durará unhas 10 semanas.

Esta formación está programada dentro do Contrato- Programa da Consellería de Educación na actuación 4.- Con-vive

Xoves Xaneiro 16, 2020

O alumnado de Oratoria en Francés elaborará e grabará unha obra de teatro en francés para ser emitida en radio.

Contarán coa axuda da empresa MilComunicación e o farán en horario de 15:00 a 16:15 h.

Esta actividade está programada dentro do Contrato- Programa firmado coa Consellería de Educaicón e concretamente, dentro da actuación 7.- Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.

Venres Xaneiro 17, 2020

O alumnado de Relixión de 1º e 2º de ESO visitarán o museo das Peregrinacións en Santiago de Compostela.

Luns Xaneiro 20, 2020

O alumnado de 3º de ESO asisatirá á representación da obra Le dîner des conse ao coloquio posterior no Forum Metropolitano ás 9:45 h.

Asemade, visitarán a Fundación Luis Seone co Departamento de Historia.

Martes Xaneiro 21, 2020

O alumnado de 1º curso de Química Industrial e de 2º curso do ciclo medio de Laboratorio visitarán as instalacións da empresa Caolines de Vimianzo.

Luns Febreiro 03, 2020

Un grupo de 5 alumnos de 1º de Bacharelato participan no II Torneo de Debate Escolar da Fundación Barrié.Este grupo foi preparado polo profesorado de Lingua Castelá e Filosofía

Martes Febreiro 04, 2020

Un grupo de 5 alumnas de 4º de ESO participan no II Torneo de Debate Escolar da Fundación Barrié.Este grupo foi preparado polo profesorado de Lingua Castelá e Filosofía

O alumnado de 4º de ESO visita as insatalacións da Voz de Galicia acompañados do profesorado de Lingua Castelá

Dentro do ciclo de Conferencias de Divulgación Científica englobadas na acción do Contrato- Programa "Mellora para a consecución da Excelencia", o grupo dinamizador da biblioteca xunto cos departamentos de Física e Química e Química de ciclos organizan esta charla "A miña casa está feita de plástico: breve introdución á mecánica dos materiais" para o noso alumnado de ciclos formativos.

Distribuir contido


by Dr. Radut