|
IES A SARDIÑEIRA Avenida da Sardiñeira, 41-42. 15008 A Coruña; Teléfono: 881 960 150 e-mail: ies.sardineira@edu.xunta.gal |
Eventos
O alumnado de 1º de bacharelato da materia "Obradoiro de Comunicación" participará no concurso de Debate que organiza a Fundación Barrié. Esta tarde terán un curso sobre o que é un debate e como se prepara.
O alumnado de 1º curso do ciclo Química Industrial Dual-Repsol visitará o parque de bombeiros da Coruña para recibir un obradoiro práctico sobre a actuación ante un incendio.
O alumnado de ciclos formativos colaborará durante todo o día na recollida de doazons dentro da campaña que leva a cabo o Banco de Alimentos Rías Altas no supermercado Eroski de Vioño.
O alumnado de 2º e 3º de ESO visitan Lugo durante todo o día e asistirán á obra
Le Médecin malgré lui, de Molière. Esta actividade está organizada polos departamentos de Francés, Cultura Clásica e Historia.
O alumnado de 1º de bacharelato da materia "Obradoiro de Comunicación" visitará as instalacións de RNE na Coruña para grabar unha cuña publicitaria en contra da Violencia de Xénero. Dita cuña, emitirase ao longo do día a través de RNE e os a súa versión escrita aparecerá nos periódicos locais: A Opinión, A Voz de Galicia e o Ideal Gallego.
O alumnado de 4º de ESO visitan Santiago de Compostela durante todo o día e asistirán á obra Le Médecin malgré lui, de Molière. Esta actividade está organizada polos departamentos de Francés, Lingua Castelá e Historia.
O alumnado da materia de Plástica de 4º de ESO e 1º de bacharelato visitarán as instalacións desta fábrica e podrán relizar un pequeno taller de cómo modelar unha peza de cerámica