Skip to Content

Ciclo Superior de Laboratorio de Análise e de Control de Calidade (Nocturno)

ACCESO: Para acceder hai que ter o Bacharelato
Sen título de Bacharelato pero con 19 anos, pódese acceder mediante PROBAS DE ACCESO

Para aqueles que acrediten estar en posesión do título de técnico e desexen acceder aun ciclo formativo de grao superior da mesma familia profesional ou dunha familia afín que regulamentariamente se determine, o requisito de idade para a realización da proba rebaixarase a 18 anos ou cumprilos no ano da realización da proba.

PROBAS DE ACCESO:
Constan de dúas probas:

  1. Parte xeral:Debe acreditar madurez fundamentalmente en contidos procedementais de:
    1. Lingua e literatura galega, lingua e literatura castelá e lingua estranxeira. (50% nota)
    2. Matemáticas (50% nota).
  2. Parte específica:
    1. Química.
    2. Física.
    3. Bioloxía

Hai que obter nota ≥5 nas dúas probas.

TITULACIÓN RECIBIDA: Técnico Superior de Laboratorio de Análise e de Control de Calidade

ACCESO A: O Título dá acceso aos seguintes estudios: Diplomado en enfermaría; Diplomado en fisioterapia; Diplomado en logopedia; Diplomado en podoloxía; Diplomado en terapia ocupacional; Enxeñeiro técnico aeronáutico (todas as especialidades); Enxeñeiro técnico agrícola (todas as especialidades); Enxeñeiro técnico forestal (todas as especialidades); Enxeñeiro técnico industrial (todas as especialidades); Enxeñeiro técnico de minas (todas as especialidades).

COMPETENCIA: O Título dá competencia para organizar e coordinar as actividades de laboratorio e o plan de mostraxe, realizando todo tipo de ensaios e análises sobre materias e produtos en proceso e acabados, orientados á investigación e ao control de calidade, así como interpretar os resultados obtidos, actuando baixo normas de boas prácticas no laboratorio.

POSTOS DE TRABALLO: Co Título pódese traballar como analista de materias primas e productos acabados, analista de laboratorio, analista de control de calidade, analista de investigación e desenvolvemento.

FORMACIÓN:
Duración: 2000 horas.

Ensinanzas: Desenvolveranse durante os tres trimestres dos que consta cada curso académico.

Oferta Modular
Horas
anuais
semanais
Primeiro ano
Mostraxe e preparación da mostra
213
8
Análises químicas
320
12
Ensaios microbiolóxicos
160
6
Formación e orientación laboral
107
4
Segundo ano
Ensaios fisicoquímicos
160
6
Calidade e seguridade no laboratorio
123
5
Análise Instrumental
226
8
Empresa e iniciativa emprendedora
53
2
Ensaios físicos
123
5
Ensaios biotecnolóxicos
105
4
Proxecto de laboratorio de análise e de control de calidade
26
 
Formación en centro de traballo
384 (de set a dec)

Máis información sobre o curriculum vixente: aquí.

Para ver a versión en inglés, pulsa.



book | by Dr. Radut