Intercambio en Austria 2012-2013

 

Entre os días 2 e 9 de febreiro 24 alumnos e alumnas de 4º da ESO, acompañados de dúas profesoras, viaxarán á localidade austríaca de Seerkirchen (situada a 20 km. de Salzburgo) en réxime de intercambio con familias dese país. Durante ese tempo realizarán numerosas actividades, visitarán distintos lugares e compartirán experiencias persoais e académicas con rapaces e rapazas daquel país.

Esta actividade xa se realizou no curso pasado e aquí tedes algúns comentarios que deixaron algunhas das persoas que participaron nese intercambio:

Na miña opinión foi unha das mellores viaxes que fixen na miña vida. (Miguel Morla)

O que podo dicir desta aventura é que volvería repetila cos ollos pechados. (Elisa Carballa)

Fíxenme amigo de moitísima xente e gustaríame ir de vez en cando facerlles visitas. (Jonás Iglesias)

Esta viaxe foi de gran axuda para nós, polo menos para min, xa que puiden aprender outra maneira de vida, outro horario, outros costumes.. (Jorge Agís)

Encantoume o intercambio e foi unha experiencia totalmente nova para min vivir na casa doutra familia, cun idioma e cultura diferente á miña. (Ricardo Rodiño)

                             PROGRAMA DA VIAXE

Sábado, 2-2-13: Viaxe, chegada e acollida nas familias.

Domingo, 3-2-13: Actividades coas familias.

Luns, 4-2-13: Excursión a Salzburgo.

Martes, 5-2-13: Excursión a Salzburgo.

Mércores, 6-2-13: Acollida no centro educativo de Seekirchen e no concello da localidade.

Xoves, 7-2-13: Excursión ás minas de sal de Altaussee e á vila de Hallstatt.

Venres, 8-2-13: Clases no instituto BG Seekirchen e festa de despedida pola tarde.

Sábado, 9-2-13: Viaxe de regreso.

Powered by Drupal - Design by artinet