Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Estudos de bacharelato no noso centro

Información básica para alumnado que cursa ou ten pensado cursar o bacharelato no noso centro.

  • Currículo
  • Ponderación de materias na ABAU
  • Notas de corte das titulacións do sistema universitario galego
  • Modalidades de bacharelato no noso instituto
    • Cambios de modalidade/itinerario/materia en bacharelato

Saída teatro en Inglés

O pasado 3 de febreiro o noso alumnado asistiu a teatro en inglés. Foron dúas funcións distintas a cargo da compañía británica English Theater Company. A actividade estaba prevista no noso centro pero, por as obras, tivo lugar no IES Santa Irene, que amablemente nos cedeu as súas instalacións.

Máis fotos neste enlace

Experiencia PIALE. Unha profesora do IES San Tomé no Còllege Rosa Parks (Amiens)

Xa saberedes que a profesora Lorena Cambón, do departamento de Francés, participou no mes de novembro, dentro do marco do PIALE, nun programa de integración no Còllege Rosa Parks na cidade francesa de Amiers. 
Compartimos a ligazón á presentación da súa experiencia [PRESENTACIÓN PIALE]
 

Xuntanza de clubs de manga no IES Álvaro Cunqueiro

O luns día 6 de febreiro os alumnos do club de manga do IES San Tomé de Freixeiro foron invitados a participar nunha xuntanza organizada no IES Álvaro Cunqueiro. Alí, o alumnado puido desfrutar de actividades relacionadas co manga, co anime e coa cultura xaponesa organizadas polo clube de manga do Cunqueiro (Kahoots, un almorzo típico xaponés, un pictionary...) e charlas impartidas por alumnado do club de manga do Santa Irene. Ó rematar houbo incluso unha entrega de premios para quen gañara os distintos concursos.

Neste enlace podes ver máis fotos

 

 

Plan proxecta "Apuntámonos a non beber". Continua a participación do alumnado de 1º ESO

O martes 31 de xaneiro o alumnado de 1ºESO comezou a súa participación na segunda intervención no plan proxecta “Apuntámonos a non beber!”, intervención realizada por persoal experto do departamento de prevención e condutas aditivas da Consellería de Sanidade.

O obxectivo do proxecto é previr o inicio do consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas no noso alumnado e “desnormalizar” a conduta de beber alcohol durante a mocidade.

Neste caso, os contidos das charlas foron dar a coñecer ao noso alumnado os efectos e a presión que ten a publicidade na sociedade, especialmente na sociedade adolescente, facendo fincapé na publicidade subliminar. Analizouse criticamente a publicidade de bebidas alcohólicas e como procura persoas mozas consumidoras. Ademais, explicóuselle ao alumnado que é a “contrapublicidade”, xa que o produto final do plan proxecta é que cada clase elabore unha campaña de prevención de consumo de bebidas alcohólicas.

Admisión centros adscritos. Comezo do período de reserva de praza para o curso 2023-2024.

Reserva de praza. Alumnado que cambia de etapa (Educación Primaria a Educación Secundaria Obrigatoria) e desexa continuar estudos no centro de adscrición; prioridade respecto do que non procede de centros adscrito. 

  • Prazo: do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.
  • Formulario: ED550A
  • Procedemento: A solicitude cubrirase preferiblemente na aplicación [admisiónalumnado] e presentarase en Sede Electrónica ou de forma presencial no centro de orixo do alumnado.
    • Centros adscritos: CEIP Lope de Vega e CEIP Altamar
  • Normativa: http://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/38868