Skip to Content

Benvid@s ao IES Santa Irene

Sexan vostedes benvid@s ao noso centro: O IES Santa Irene.

Distribuir contido

Novidades

Centro pechado desde o 30 de marzo

Dadas as novas instrucións do goberno do Estado recollidas no Real Decreto-lei 10/2020, de 29 de marzo, o instituto permanecerá pechado a partir do luns 30 de marzo e ata que así o determinen as autoridades competentes.

As comunicacións co centro faranse a través do correo electrónico ies.santairene@edu.xunta.gal

Recomendamos á comunidade educativa que permaneza atenta a esta páxina e á conta de Twiter @iessantairene nas que trataremos de actualizar novas e consellos.

Comunicado do Colexio de Psicólogos

Estamos a pasar un período difícil e con moitas incertezas. Publicamos un comunicado do Colexio de Psicólogos para a comunidade educativa con valiosas recomendacións.

A nosa orientadora e psicóloga Olegaria Mosqueda Bueno ofrécese para resolver dúbidas ou consultas que familias e/ou alumnado queirades plantexarlle. O seu correo é omosqueda@edu.xunta.gal

 

Recomendacións para o alumnado ante a declaración de alarma

Ante a situación creada pola declaración de alarma en todo o Estado, coa finalidade de sobrelevar da mellor maneira posible o confinamento e manter o contacto do alumnado co profesorado e as materias, publicamos as seguintes RECOMENDACIÓNS:

Declaración estado de ALARMA: Suspensión de prazos

Os prazos administrativos para entrega de documentación (solicitudes de praza, matrícula probas libres, Vigo en Inglés e calquera outra que estivera en curso) quedan suspendidos pola declaración de ALARMA recollida no Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, e tal e como recolle o acordo sétimo da Resolución do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza:

Peche do centro por pandemia COVID-19

O centro permanecerá pechado desde o luns 16 de marzo. Atenderase por teléfono, en horario de 10 a 13 horas, e a través do correo electrónico ies.santairene@edu.xunta.gal. 

Durante estos días é importante que o alumnado continúe en contacto coas materias. Recomendamos traballo diario e que estedes atentos ao voso correo electrónico e ás aulas virtuais dos profesores e profesoras, porque neles atoparedes información, actividades de repaso e novas de interés.

Cambio de datas da viaxe a Londres

Segundo as medidas enviadas pola Consellería de Educación o día 12 de marzo, “suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado”.

Por este motivo, a viaxe a Londres prevista do 31 de marzo ao 4 de abril co alumnado de 1º de bacharelato queda adiada para o mes de setembro de 2020 (datas probables do 15 ao 19 de setembro).

Clases suspendidas

A partir do luns 16 de marzo están suspendidas as clases en toda a comunidade galega durante 14 días, segundo informou o presidente da Xunta de Galicia.

Recoméndase que mañá venres os rapaces xa non veñan ao centro, ainda que este permanecerá aberto.

Vigo en Inglés - Concello de Vigo

O Concello de Vigo convoca un ano máis o programa Vigo en Inglés. O prazo para a presentación de solicitudes (pendente de publicación en BOP) está previsto que comece o luns 16 de marzo e remate o 30 de marzo.

Poderán solicitalo todas as persoas que cursen 3º de ESO nun centro educativo da cidade, teñan aprobadas todas as materias de 2º de ESO e unha nota final de inglés mínima de 7 (en 2º de ESO).

Máis información en https://www.vigoeningles.org/

Admisión de novo alumnado para o curso 2020 - 2021

O día 1 de marzo comeza o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para o próximo curso. O prazo remata o día 20 do mesmo mes. Ao non ser lectivo no IES Santa Irene, poderase entregar a documentación presencialmente o luns día 23 de marzo.

Nos documentos adxuntos pódese atopar toda a información e documentación relativa ao proceso (lexislación, calendario, impresos...)

Convocatoria do programa AXUDASLE 2020

 A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca 1.600 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020. Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia matriculados en ESO ou Bacharelato.

O prazo permanecerá aberto desde o 27 de febreiro ata o 26 de marzo (incluído).

Máis información no enlace https://www.edu.xunta.es/axudasle/



by Dr. Radut